Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai pública a corrección dun erro na documentación técnica para a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación anticipada, da contratación da obra de construción dun punto limpo no concello de Outeiro de Rei (Lugo), cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder 2007-2013.

No DOG núm. 12, do 20 de xaneiro de 2015, publicouse a Resolución do 22 de decembro de 2014, pola que se anunciaba a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación anticipada, da contratación da obra de construción dun punto limpo no concello de Outeiro de Rei (Lugo), cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder 2007-2013.

Advertidos erros no subcapítulo 03.01 Electricidade, no subcapítulo 04.05 Electricidade, no subcapítulo 05.01 Cerramento perimetral e na folla Resumo do orzamento do proxecto publicado no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21793, modifícanse as seguintes datas:

Data límite de presentación da documentación e información: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas