Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de instalación de almacenamento e subministración de carburantes a embarcacións deportivas no porto de Ribadeo, concello de Ribadeo, promovido polo Club Náutico de Ribadeo (clave 2014/0071).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do 9 de xaneiro de 2015 do proxecto de instalación de almacenamento e subministración de carburantes a embarcacións deportivas no porto de Ribadeo, concello de Ribadeo (Lugo), promovido polo Club Náutico de Ribadeo.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental