Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral do Mar, polo que se notifica o acordo de inicio de procedemento de reintegro sobre controis posteriores previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, sobre operacións cofinanciadas co FEP e no marco da medida 2.3 (transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura) a través do Programa operativo para o sector pesqueiro español 2007-2013.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícase a Pescados Bermúdez, S.L. e a Pescados José Eduardo, S.L. o acordo de inicio do procedemento de reintegro sobre controis posteriores previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello do 27 de xullo, sobre operacións cofinanciadas polo Fondo Europeo da Pesca (FEP) e xestionadas pola Secretaría Xeral do Mar no marco da medida 2.3 (transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura) a través do Programa operativo para o sector pesqueiro español 2007-2013.

Os acordos de inicio de procedemento de reintegro dos expedientes que se relacionan a seguir están á disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Mar, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela:

Número de expediente SXPA: PE201B/2010/036-1.

Beneficiaria: Pescados Bermúdez, S.L.

NIF: B15245137.

Número de expediente SXPA: PE201B/2008/050-5.

Beneficiaria: Pescados José Eduardo, S.L.

NIF: B36644516.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar