Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5666

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo consistente na elaboración do Inventario de emisións de referencia (IER) e do Plan de acción de enerxía sustentable (PAES) de cada un dos concellos integrados na Rede de municipios ourensáns cara á sustentabilidade.

Procedemento aberto para a contratación do servizo consistente na elaboración do Inventario de emisións de referencia (IER) e do Plan de acción de enerxía sostible (PAES) de cada un dos concellos integrados na rede de municipios ourensáns cara á sustentabilidade.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servizo consistente na elaboración do Inventario de emisións de referencia (IER) e do Plan de acción de enerxía sustentable (PAES) de cada un dos concellos integrados na Rede de municipios ourensáns cara á sustentabilidade, cun tipo de licitación de 50.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao cal poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da deputación www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, se é o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 27 de xaneiro de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense