Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5695

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 16 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais do período 2007-2013, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2014.

Con data do 16 de xaneiro de 2015 a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes ditou unha resolución pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais do período 2007-2013, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2014. Esta resolución publicouse no DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2015.

Posteriormente, comprobouse a existencia dun erro na resolución, xa que a listaxe que figura no seu anexo de beneficiarios das axudas concedidas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos forestais realizados por microempresas (serradoiros), non está completa.

Por todo o indicado, cómpre realizar a seguinte corrección:

No cadro do punto 2 do anexo que contén a listaxe de beneficiarios das axudas concedidas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos forestais realizados por microempresas (serradoiros), páxina 4335 do DOG, debe ser engadido o seguinte beneficiario:

Beneficiario

Axuda concedida (€)

Técnicas en Madera Dama, S.L.

65.331,79