Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5893

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2015 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2014 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no terceiro cuadrimestre do ano 2014

Provincia

Convenio

Importe total do convenio (€)

Data de sinatura

A Coruña

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Miño para a renovación de servizos e a pavimentación da rúa Granada

184.998,35

19.9.2014

A Coruña

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oza-Cesuras para a mellora do Camiño Real

631.756,79

19.9.2014

A Coruña

Addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Culleredo para a execución de beirarrúas e a recollida de pluviais na estrada AC-215 Fonteculler (AC-211)- O Portádego (N-550)

170.000,00

28.10.2014

A Coruña

Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oza-Cesuras para a mellora do Camiño Real

631.756,79

14.11.2014

A Coruña

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello da Coruña para a execución dun aparcadoiro disuasorio en Lonzas, cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

705.146,71

17.12.2014

A Coruña

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela para a execución dun aparcadoiro disuasorio en Pontepedriña, cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

841.194,15

17.12.2014

A Coruña

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Arteixo para o traslado da pasarela peonil afectada polas obras de acondicionamento da conexión das estradas AC-552,

AC-551 e DP-0509

125.000,00

19.12.2014

A Coruña

Addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Abegondo para a mellora da intersección no p.q.: 7+750 da AC-542 (Mabegondo, Abegondo), cofinanciado con Fondos Feder no marco do programa operativo Feder-Galicia 207-2013

241.674,00

29.12.2014

Lugo

Addenda número 4 ao convenio de colaboración asinado con data do 10 de febreiro de 2009 entre a antiga Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para a realización das obras de infraestrutura viaria no termo municipal de Lugo, ponte Paradai-serra de Meira, fase 1ª

3.557.670

23.12.2014

Ourense

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de San Cristovo de Cea para a mellora do acceso ao polígono industrial

2.000.000,00

23.9.2014

Ourense

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de San Cristovo de Cea para a mellora do acceso ao polígono industrial

2.000.000,00

14.11.2014

Pontevedra

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, o ente público Portos de Galicia e o Concello de Moaña para a continuación do paseo marítimo de Moaña ata o paseo da Xunqueira (tramo da Seara)

420.141,36

16.9.2014