Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8662

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ACORDO da colaboración entre concellos para comisión de servizos.

Con data do 26 de xaneiro de 2015, os concellos de Caldas de Reis e de Marín, de acordo co previsto no artigo 6.3 da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, formalizaron acordo de colaboración para a autorización de comisións de servizo de carácter voluntario por parte de funcionarios da Policía local da escala básica, categoría de policía, dun concello no outro, de acordo coa normativa vixente en cada momento.

Marín, 29 de xaneiro de 2015

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta