Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8552

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2015 pola que se convocan as actividades formativas e as probas de avaliación de carácter libre que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2015 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, convócanse as actividades formativas e as probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia desenvolvido pola Escola Galega de Administración Pública en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

No ámbito do plan estratéxico do Goberno galego Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, a EGAP, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, proponse o deseño dun itinerario formativo no ámbito das tecnoloxías da información e comunicación que coadxuvará á modernización da Administración e achegará un valor engadido aos servizos que se prestan á cidadanía.

O certificado expedido pola Escola Galega de Administración Pública que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, na modalidade de teleformación ou de acceso libre, permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas e das probas de avaliación de carácter libre que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse conforme as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2015

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Obxecto

Convócanse 1.950 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación e 3.000 prazas de acceso libre integradas no Plan formativo ofimático de Galicia nas seguintes accións formativas que a seguir se relacionan:

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010).

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010).

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office).

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (LibreOffic Impress).

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010).

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU. Linux).

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows).

O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación», do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e criterios de avaliación do devandito módulo formativo pódense consultar no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de Administración e Xestión (BOE do 7 de maio).

Segunda. Requisitos dos participantes

1. Poderán participar nas actividades formativas de teleformación convocadas nesta resolución:

Os empregados públicos e as empregadas públicas destinados/as na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde, dentro do cal non se entenden os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Poderán participar nas probas de avaliación de carácter libre convocadas nesta resolución:

Os empregados públicos e as empregadas públicas destinados/as na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que non se encontren en situación de servizos noutras administracións públicas, excedencia voluntaria e suspensión de funcións, e reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde, dentro do cal non se entenden os empregados públicos da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Así mesmo, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas e probas de acceso libre desta convocatoria en que queden prazas vacantes.

Toda persoa solicitante que ao inicio da actividade formativa ou no momento de realización das probas de carácter libre estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

A participación nas probas de avaliación de caracter libre exixe que os solicitantes teñan un nivel adecuado de coñecemento da materia na cal se van examinar.

Terceira. Datas e lugares de realización

As actividades formativas e as probas de avaliación de acceso libre realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen no anexo II desta resolución. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web http://egap.xunta.es.

As probas de avaliación de acceso libre e as probas de avaliación finais das actividades de teleformación terán lugar nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela.

Cuarta. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es.matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de actividades formativas de teleformación e probas de avaliación de carácter libre que se pode solicitar limítase a cinco en total.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado co plugin de flash.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao número de fax 981 54 63 39 ou ao enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es, sen prexuízo do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 53, do número de fax 981 54 63 39 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es.

Quinta. Presentación de documentación

Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 da base cuarta, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cuxos datos non figuren na base de datos da Dirección Xeral da Función Pública, deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, ao número de fax 981 54 63 39 ou ao enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es, sen prexuízo do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), a seguinte documentación:

– Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

Sexta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados tanto nas actividades formativas de teleformación como nas probas de avaliación de carácter libre son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo. Para o ano 2015, segundo a Resolución do 29 de xaneiro (DOG do 11 de febreiro), comezarase pola letra S.

2. Nas probas de avaliación de carácter libre a selección do alumnado farase de forma conxunta por cada proba de avaliación. A asignación de quendas entre as persoas seleccionadas farase por orde alfabética. As vacantes que se produzan cubriranse automaticamente de acordo coa orde de reserva.

3. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sétima. Publicación das relacións do persoal seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.es unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada actividade formativa impartida na modalidade de teleformación ou proba de avaliación de acceso libre, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.es a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Oitava. Cambios ou substitucións na selección, renuncia, asistencia e puntualidade

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar ás actividades formativas de teleformación e ás probas de avaliación de acceso libre:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito, mediante o modelo de renuncia publicado na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es.formulariosrecursos.

i. A renuncia ás actividades de teleformación debe ser comunicada cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa.

ii. A renuncia ás probas de avaliación debe ser comunicada nun prazo de cinco días hábiles desde a publicación da listaxe definitiva de alumnos seleccionados.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), calquera das seguintes vías: o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es ou o número de fax 981 54 63 39.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde a finalización desta actividade.

3. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte, contado a partir do día da finalización desta actividade.

4. A asistencia e a puntualidade:

É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Para estes efectos, realizarase un único chamamento por orde alfabética. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas.

As persoas participantes deberán vir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

Non se permitirá o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas.

a) As faltas de asistencia:

Deberán xustificarse documentalmente ante os responsables das probas das actividades formativas nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización das probas.

b) As persoas que non se presenten ás probas na quenda asignada:

– Perderán o dereito ao certificado de superación da proba.

– No caso de incumprir o previsto na letra a), pasarán ademais ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde a finalización desta actividade.

Novena. Realización das probas

1. As actividades impartidas na modalidade de teleformación:

Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan. Para superaren as probas de avaliación, os alumnos deberán responder de forma correcta a un 50 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

2. As probas de avaliación de carácter libre:

A proba de avaliación de carácter libre constará de 30 preguntas tipo test. Os alumnos disporán de 1 hora e 30 minutos e unha única tentativa para a súa realización.

Para superaren as probas de avaliación de carácter libre, os alumnos deberán responder de forma correcta a un 70 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

Algunhas preguntas farán referencia a arquivos que os alumnos deberán manexar coa ferramenta ofimática correspondente (Microsoft Office 2010, LibreOffice 4.2.6, Windows 7 ou Ubuntu 10.04).

3. As probas de avaliación final das actividades de teleformación e as probas de avaliación de carácter libre terán lugar nas dependencias da EGAP, en Santiago de Compostela (rúa de Madrid, 2-4, As Fontiñas).

Décima. Certificado

a) Certificado de aproveitamento. Para a obtención do certificado de aproveitamento nas actividades formativas de teleformación o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

b) Certificado de equivalencia. As persoas que superen a proba de avaliación de carácter libre obterán o correspondente certificado de equivalencia. Este certificado equivale a un de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade.

Décimo primeira. Facultades da EGAP

a) A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades de teleformación e nas probas de avaliación de carácter libre. Así mesmo, correspóndelle á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

b) A execución material das accións queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

c) A EGAP poderá modificar o desenvolvemento e os contidos das actividades formativas e das probas de avaliación, as datas e os lugares, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

d) No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

e) A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

– Actividades impartidas na modalidade de teleformación correspondentes ao Plan formativo ofimático de Galicia:

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Modalidade

Datas

Data proba de avaliación

FC15110

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

7.4.2015

26.5.2015

29.5.2015

27.4.2015

15.6.2015

19.6.2015

11.5.2015

29.6.2015

2.7.2015

7.9.2015

26.10.2015

30.10.2015

28.9.2015

16.11.2015

20.11.2015

7.10.2015

25.11.2015

27.11.2015

FC15111

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft office 2010)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet

FC15112

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office 2010)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

7.10.2015

25.11.2015

27.11.2015

FC15112

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office 2010)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

20.4.2015

8.6.2015

12.6.2015

FC15113

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet

Teleformación

7.4.2015

26.5.2015

29.5.2015

FC15113

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet

Teleformación

27.4.2015

15.6.2015

19.6.2015

FC15113

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet

Teleformación

11.5.2015

29.6.2015

2.7.2015

FC15113

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet

Teleformación

7.9.2015

26.10.2015

30.10.2015

FC15113

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet

Teleformación

7.10.2015

25.11.2015

27.11.2015

FC15113

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet

Teleformación

28.9.2015

16.11.2015

20.11.2015

FC15114

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft office 2010)

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet

Teleformación

23.3.2015

27.4.2015

30.4.2015

9.9.2015

8.10.2015

13.10.2015

FC15115

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

6.4.2015

5.5.2015

6.5.2015

13.4.2015

12.5.2015

18.5.2015

9.6.2015

14.10.2015

11.11.2015

24.11.2015

26.11.2015

FC15116

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)

FC15117

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office 2010)

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

23.3.2015

27.4.2015

30.4.2015

FC15117

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office 2010)

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

9.9.2015

8.10.2015

13.10.2015

FC15119

Sistema operativo, busca da información: internet.intranet e correo electrónico (GNU.Linux)

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

26.10.2015

24.11.2015

26.11.2015

FC15119

Sistema operativo, busca da información: internet.intranet e correo electrónico (GNU.Linux)

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

23.3.2015

27.4.2015

30.4.2015

FC15120

Sistema operativo, busca da información: internet.intranet e correo electrónico (Windows)

11.6.2015

FC15120

Sistema operativo, busca da información: internet.intranet e correo electrónico (Windows)

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

9.9.2015

8.10.2015

14.10.2015

FC15120

Sistema operativo, busca da información: internet.intranet e correo electrónico (Windows)

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Teleformación

13.10.2015

11.11.2015

16.11.2015

– Probas de avaliación de carácter libre correspondentes ao Plan formativo ofimático de Galicia:

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade

Datas proba de avaliación

Horario

FC15123

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base) - Acreditación presencial

100

50

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet

Santiago de Compostela

7.7.2015

16.30 a 18.30 h e 18.30 a 20.30 h

22.9.2015

27.10.2015

16.30 a 18.30 h e 18.30 a 20.30 h

FC15124

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft office ) - Acreditación presencial

100

50

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

8.7.2015

9.7.2015

18.30 a 20.30 h e 9.00 a 10.30 h

23.9.2015

24.9.2015

18.30 a 20.30 h e 9.00 a 11.00 h

28.10.2015

29.10.2015

18.30 a 20.30 h e 9.00 a 11.00 h

FC15125

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office) - Acreditación presencial

100

50

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet

Santiago de Compostela

8.7.2015

12.30 a 14.00 h e 16.30 a 18.30 h

13.00 a 15.00 h e 16.30 a 18.30 h

FC15126

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) - Acreditación presencial

100

50

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

9.7.2015

16.30 a 18.30 h e 18.30 a 20.30 h

FC15126

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) - Acreditación presencial

100

50

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

24.9.2015

16.30 a 18.30 h e 18.30 a 20.30 h

FC15126

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) - Acreditación presencial

100

50

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

29.10.2015

16.30 a 18.30 h e 18.30 a 20.30 h

FC15127

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft office) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

7.7.2015

10.45 a 12.15 h e 12.30 a 14.00 h

11.00 a 13.00 h e 13.00 a 15.00 h

FC15128

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

6.7.2015

12.30 a 14.00 h e 16.30 a 18.30 h

FC15128

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

21.9.2015

13.00 a 15.00 h e 16.30 a 18.30 h

FC15128

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

26.10.2015

13.00 a 15.00 h e 16.30 a 18.30 h

FC15129

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

8.7.2015

9.00 a 10.30 h e 10.45 a 12.15 h

9:00 a 11:00 h e 11:00 a 13:00 h

FC15129

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet..

Santiago de Compostela

28.10.2015

9:00 a 11:00 h e 11:00 a 13:00 h

FC15130

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

9.7.2015

10.45 a 12.15 h e 12.30 a 14.00 h

FC15130

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

24.9.2015

11.00 a 13.00 h e 13.00 a 15.00 h

FC15130

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

29.10.2015

11.00 a 13.00 h e 13.00 a 15.00 h

FC15131

Sistema operativo, busca da información: Internet.intranet e correo electrónico (contorno Windows) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

6.7.2015

7.7.2015

18.30 a 20.30 h e 9.00 a 10.30 h

FC15131

Sistema operativo, busca da información: Internet.intranet e correo electrónico (contorno Windows) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

21.9.2015

22.9.2015

18.30 a 20.30 h e 9.00 a 11.00 h

FC15131

Sistema operativo, busca da información: Internet.intranet e correo electrónico (contorno Windows) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

26.10.2015

27.10.2015

18.30 a 20.30 h e 9.00 a 11.00 h

FC15132

Sistema operativo, busca da información: internet.intranet e correo electrónico (GNU.Linux) - Acreditación presencial

100

30

Equivalencia

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, con coñecemento e acceso á internet.

Santiago de Compostela

26.10.2015

9.00 a 11.00 h e

11.00 a 13.00 h