Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9111

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 23 de febreiro de 2015 pola que se aproba o cambio de localización da oficina do Rexistro Auxiliar da Oficina Agraria Comarcal de Carballo (A Coruña).

O Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 8.2 que a creación, modificación ou supresión das oficinas de rexistro auxiliares se fará mediante orde da consellería competente en materia de administracións públicas por proposta da consellería ou entidade correspondente e logo de informe da Oficina do Rexistro Xeral.

No anexo I do Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 196, do 13 de outubro), figura na listaxe de oficinas de rexistro da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico a situada na Oficina Agraria Comarcal de Carballo, situada no complexo parroquial, portal 3.

Debido a que a Oficina Agraria Comarcal de Carballo trasladou a súa localización ao Edificio Fórum de Carballo, sito na praza dos Bombeiros, s/n, 1º andar, cómpre proceder á modificación da situación da citada oficina de rexistro.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase a localización do Rexistro da Oficina Agraria Comarcal de Carballo, que pasa a estar situado no Edificio Fórum de Carballo, sito na praza dos Bombeiros, s/n, 1º andar.

Disposición derradeira primeira

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda

Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza