Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2015, da Área de Recadación, polo que se relacionan reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Canteras de Vilanova, S.L. e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no artigo 25 do Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa da Pastoriza, 8, 4º, 15781, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2015

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado/a

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importe

Canteras de Vilanova, S.L.

B27145150

A Fervedoira, 27003 Lugo

500140022962

500140022963

147.357,27 €

21.720,05 €

Federación Galega de Persoas Xordas (Fegaxor)

G36505584

Camiño Real, 13 Samieira, 36992 Poio (Pontevedra)

500140020205

500140020208

15.878,25 €

2.212,08 €

Hicham Talhi

Y0426378H

r/ Canteira de Eirís, 16, 1 esq., 15009 A Coruña

500140022949

500140022950

1.895,93 €

241,31 €

Pazo do Rilo, S.L.

B15879075

Rilo, 7, 15620 Mugardos (A Coruña)

500150000094

500150000095

440.497,32 €

205.852,04 €

Sinais Ingeniería, S.L.

B36967727

r/ Palencia, 27, 2,

36210 Vigo (Pontevedra)

500140023201

500140023204

37.898,01 €

6.271,51 €