Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9116

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial do máster universitario en Enxeñaría de Organización.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsuga).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 14 de novembro de 2014 (publicado no BOE do 29 de decembro de 2014 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 24 de novembro de 2014).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo o comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitaria en Enxeñaría de Organización que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 9 de febreiro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría de Organización

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias…………………………………………

78

Optativas…………………………………...............

0

Prácticas externas…………………………………

0

Traballo fin de máster…………………................

12

Créditos totais……………...

90

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Estatística Industrial Aplicada á Enxeñaría

6

Obrigatorio

Módulo I: Ampliación

Métodos Matemáticos na Enxeñaría Industrial

6

Obrigatorio

Sistemas Integrados de Fabricación

3

Obrigatorio

Módulo II: Tecnoloxías

Tecnoloxía Térmica

3

Obrigatorio

Automatización e Control Industrial

4.5

Obrigatorio

Sistemas de Enerxía Eléctrica

6

Obrigatorio

Enxeñaría do Transporte e Manutención Industrial

3

Obrigatorio

Dirección da Seguridade e a Saúde no Traballo

3

Obrigatorio

Módulo III: Xestión

Modelado e Optimización de Problemas de Xestión

4.5

Obrigatorio

Creación de Empresas e Innovación Tecnolóxica

6

Obrigatorio

Dirección Estratéxica. Produción e Loxística

6

Obrigatorio

Dirección de Produtos e Servizos

6

Obrigatorio

Deseño de Sistemas de Información na Enxeñaría de Organización

6

Obrigatorio

Proxectos de Enxeñaría

3

Obrigatorio

Deseño e Dirección de Sistemas Produtivos e Loxísticos

6

Obrigatorio

Dirección da Empresa e dos Recursos Humanos

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Módulo IV: Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría de Organización, o alumnado deberá superar os 90 ECTS dos que consta o máster.