Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 5 de marzo de 2015 Páx. 9128

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial do máster universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa (3ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsuga).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 23 de maio de 2014 (publicado no BOE do 23 de xuño de 2014 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de xuño de 2014).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo o comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa (3ª edición) pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 9 de febreiro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Administración Integrada de Empresas
e Responsabilidade Social Corporativa (3ª edición)

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

47

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

13

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

A Responsabilidade Social na Empresa

5

Obrigatorio

Fundamentos de RSC

Xestión Ética

5

Obrigatorio

Dirección Estratéxica e Xestión Ética dos Negocios

Dirección Estratéxica

5

Obrigatorio

RSC e Márketing

3

Obrigatorio

Dirección de Márketing Socialmente Responsable

Márketing Responsable

4

Obrigatorio

Información e Comunicación da RSC

3

Obrigatorio

Fundamentos de Responsabilidade Social Empresarial Interna (Concepto + Elementos)

3

Obrigatorio

Xestión Responsable dos Recursos Humanos

Implantación e Temas Avanzados de Responsabilidade Social Empresarial Interna

3

Obrigatorio

Xestión da Calidade Total

5

Obrigatorio

Calidade e Ambiente

Sistemas Normalizados de Xestión de Calidade das Relacións Laborais e Medioambientais

5

Obrigatorio

Investimento e Financiamento Socialmente con Criterios de Sustentabilidade

3

Obrigatorio

Xestión Financeira Socialmente Responsable

Contabilidade Social

3

Obrigatorio

Traballo fin de máster

13

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa (3ª edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.