Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 12 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade ao inicio de dous expedientes de proposta de reclamación provisional de débedas por utilización do comedor escolar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos da Xefatura Territorial do 12 de febreiro de 2015:

«Primeiro. Ditar as propostas de reclamación provisional de débedas identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. En cumprimento do establecido nos artigos 34.1.l) e m), 99.8 e 138 da Lei xeral tributaria (LXT) e no artigo 164.4 do Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, antes de practicar a liquidación provisional comunícaselle a proposta de liquidación co obxecto de que no prazo de dez días hábiles seguintes ao da recepción da presente notificación alegue o que conveña ao seu dereito.

Terceiro. Tal e como establece o artigo 23 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, a presente comunicación/resolución, debidamente notificada, interrompe o prazo de prescrición do dereito da Administración a practicar liquidación polo concepto e períodos afectados pola comprobación e regularización.

Así mesmo, tamén conforme establece o artigo 189.3.a) da LXT, a presente comunicación/resolución, debidamente notificada, interrompe o prazo de prescrición do dereito da Administración tributaria para a imposición de sancións tributarias polo concepto e períodos afectados pola comprobación e regularización da obriga tributaria a que se refire ela».

Lugo, 12 de febreiro de 2015

María del Carmen Gueimunde González
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Suxeitos obrigados ao pagamento: José Manuel Pérez Rodríguez, NIF 33536866-Z e Xandra Piñeiro Ruas, NIF 33537033-C.

Domicilio: rúa Odón Fernández Lavandeira, 23, 3º dereita, 27260 Castro Ribeiras de Lea (Lugo).

Período impositivo: maio e xuño do curso escolar 2013/14.

Nº de días utilización do servizo: 35.

Nº de expediente: LU-2013/2014-0181.

Contía pagada pola utilización do comedor: 0 €.

Contía global comprobada pola Administración: 87,50 €.

Diferenza a favor da Administración: 87,50 €.

Suxeitos obrigados ao pagamento: José Manuel Pérez Rodríguez, NIF 33536866-Z e Xandra Piñeiro Ruas, NIF 33537033-C.

Domicilio: rúa Odón Fernández Lavandeira, 23, 3º dereita, 27260 Castro Ribeiras de Lea (Lugo).

Período impositivo: maio e xuño do curso escolar 2013/14.

Nº de días utilización do servizo: 35.

Nº de expediente: LU-2013/2014-0182.

Contía pagada pola utilización do comedor: 0 €.

Contía global comprobada pola Administración: 87,50 €.

Diferenza a favor da Administración: 87,50 €.