Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10431

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2015 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Mediante Resolución do 19 de decembro de 2014 (DOG núm. 248, do 29 de decembro) publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 procedéndose á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2015, por trámite anticipado de gasto.

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras, están analizándose as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda realizarase preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo I a esta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos nos ditos anexos para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na oficina virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, teráselle por desistido na súa petición ao solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. de expediente

Titular do expediente

NIF

IG194.2015.1.2

La Atlántica Clothing, S.L.

B32453839

IG194.2015.1.3

Confecciones Esquío, S.A.

A15093263

IG194.2015.1.5

Confecciones M.R.F., S.A.

A15044852

IG194.2015.1.6

Carmen Melero Costume,S.L.

B15133093

IG194.2015.1.7

Naffta Sport, S.L.

B36870293

IG194.2015.1.8

Marial Costura, S.L.

B94078813

IG194.2015.1.9

Pili Carrera, S.A.

A36016574

IG194.2015.1.10

Vicaro Confección, S.L.U.

B70070941

IG194.2015.1.12

Marga Novas, S.L. Unipersonal

B36809812

IG194.2015.1.13

Olga Santoni, S.L.

B36621969

IG194.2015.1.15

Kauli Moda Infantil, S. L.

B27751080

IG194.2015.1.16

Patricia Avendaño, S.A.

A36869683

IG194.2015.1.18

Studio Masscob, S.L.

B15877830

IG194.2015.1.20

Euro Prosem, S.L.

B27213875

IG194.2015.1.21

Sociedad Textil Lonia, S.A.

A32226003

IG194.2015.1.22

Carmen Vázquez Industria Textil, S.L.

B70366364

IG194.2015.1.23

Rotelpa, S.A.

A36641959

IG194.2015.1.26

Adolfo Domínguez, S.A.

A32104226

IG194.2015.1.27

Creaciones Paz Rodríguez, S.L.

B27766708

IG194.2015.1.28

Aguamarina Nova, S.L.

B72200587

IG194.2015.1.29

Nisventex, S.L.U.

B27799402

IG194.2015.1.31

Krack Zapaterías, S.L.

B36283372

IG194.2015.1.32

Sanmar Niños, S.L.

B15908981

IG194.2015.1.35

Creaciones Dona, S.L.

B36011468

IG194.2015.1.36

Almacenes Martínez, S.L.

B27017235

IG194.2015.1.38

Makari, S.A.

A36639813

IG194.2015.1.41

Industrias Losal, S.L.

B27003391

IG194.2015.1.42

Florentino Colección, S.L.

B36057933

IG194.2015.1.43

Nosinvalentina, S.L.

B70349733

IG194.2015.1.44

Viriato, S.A.

A15024482