Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de funcionario de carreira.

No BOP de Lugo número 44, do 24 de febreiro de 2015, publicáronse as bases que regulan a convocatoria para cubrir unha praza de funcionario de carreira, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, integrada no subgrupo C2, polo sistema de concurso por promoción interna. O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado; e os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse na páxina web (www.concellodemonforte.com) e no taboleiro de anuncios do concello.

Monforte de Lemos, 24 de febreiro de 2015

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde