Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 462/2013, do 6 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (expediente PO 4438/2011).

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 6 de xuño de 2013, ditou Sentenza 682/2012 no procedemento ordinario 4438/2011, interposto pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia. Esta sentenza, que devén firme, na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia contra o Acordo do 26 de maio de 2011, do Consello da Xunta de Galicia, de aprobación definitiva do Plan sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento, abastecemento e rede viaria no concello de Barreiros, que anulamos por ser contrario a dereito. Non se fan imposición de custas».

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo