Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11035

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 18 de febreiro de 2015 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Advertidos erros na publicación da Orde do 18 de febreiro de 2015 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 49, do 12 de marzo de 2015, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

Na páxina 10127, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de vinte días naturais…», debe dicir: «…será de vinte días hábiles».

Na páxina 10132, debe eliminarse o «15021834, CEIP Manuel Masdías de Ferrol».

Na páxina 10134, onde di: «36001148 IES da Cañiza», debe dicir: «36001148 CPI da Cañiza».