Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11381

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 12 de marzo de 2015 pola que se fixa o prezo de venda ao público do Mapa de Galicia en releve.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Facenda,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Mediante a presente orde establécese como prezo privado pola venda do Mapa de Galicia en releve editado polo Instituto Xeográfico Nacional en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio, o que se relaciona no anexo, Mapa de Galicia en releve: 32 euros (IVE incluído).

Artigo 2. Forma de liquidación e pagamento

O pagamento do prezo deberá terse realizado no momento de presentar a solicitude do mapa que se relaciona no anexo como requisito previo e necesario para a realización da entrega.

Artigo 3. Entrega

Unha vez realizado o pagamento, a entrega realizarase ao interesado nas dependencias do Instituto de Estudos do Territorio, sito na rúa San Lázaro en Santiago de Compostela. Non se enviará por ningún medio de transporte.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Mapa de Galicia en releve: 32 euros (IVE incluído).