Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11377

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 19 de marzo de 2015 pola que se designa a José Vicente Solarat López como presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Tras o cesamento por petición propia de José Luis García Pando como presidente da Denominación de Orixe Valdeorras, o Pleno deste consello regulador celebrado o pasado día 11 de marzo elixiu a José Vicente Solarat López para ocupar o dito cargo.

Conforme indica o artigo 20 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, unha vez elixida a persoa que desempeñará a presidencia, deberá facerse o seu nomeamento mediante orde da consellería competente.

Polo anterior,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras a José Vicente Solarat López.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar