Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11976

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015 pola que se convoca un proceso selectivo para a contratación dunha persoa como técnico superior de secuenciación masiva e PCR en tempo real.

En exercicio das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, a Reitoría da Universidade de Vigo convoca un proceso selectivo para a contratación dunha persoa como técnico superior de secuenciación masiva e PCR en tempo real.

A información completa pode consultarse no seguinte enderezo electrónico: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/outras_convocatorias/ así como nos taboleiros de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio da Xerencia, Campus das Lagoas-Marcosende, Vigo) e dos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86). Poden obter información e aclarar dúbidas a través do teléfono 986 81 37 62 (Negociado de Selección e Provisión, Servizo de Persoal de Administración e Servizos) ou do correo electrónico consultapas@uvigo.es

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 6 de abril de 2015.

Vigo, 12 de marzo de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo