Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12129

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 18 de marzo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2014 (DOG número 81, do 29 de abril) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG número 140, do 24 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Declarar todos/as os/as aspirantes que superaron o cuarto exercicio exentos/as da realización do quinto exercicio por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.5 da convocatoria.

Segundo. Facer pública, de conformidade coa base V.1, a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, e que figura como anexo a esta resolución.

De acordo coa dita base, os/as aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentaren a documentación prevista nas súas alíneas A), B), C) e D).

Terceiro. Elevar a devandita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como funcionarios/as en prácticas dos/das aspirantes que figuran nela.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

Silvia Alfaya Portela
Presidenta do tribunal

Anexo

NIF

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

5º ex.

Total

34893479H

Lozano del Río, Ana

15,23 

21,44

20,33 

27,17 

Exenta

84,17 

46912810D

Leis Mol, Pablo

15,11 

19,52 

15,02 

26,00 

Exento

75,65 

53172075P

Míguez Pastoriza, Clara

12,50 

19,96 

16,47 

21,83 

Exenta

70,76