Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12135

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria do 26 de febreiro de 2014 para a provisión, mediante nomeamento temporal de praza vacante, na categoría de facultativo especialista da Área de Oftalmoloxía no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Mediante Resolución do 26 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, formalízase a convocatoria de selección temporal de diversas prazas de persoal facultativo especialista de área, con publicidade mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia número 62, do 31 de marzo de 2014, entre elas dunha praza de oftalmoloxía.

A lista provisional de admitidos/as e a composición da Comisión de Avaliación foi publicada o día 23 de maio, mediante Resolución do 22 de maio de 2014. Con data do 7 de xullo publícase a Resolución do 30 de xuño de 2014 pola que se publica a lista definitiva de aspirantes admitidos/as. Así tamén, con data do 27 de outubro, publícase a Resolución do 20 de outubro de 2014 cos acordos da Comisión sobre criterios de avaliación, data, lugar e hora da entrevista para a selección temporal de persoal facultativo especialista da Área de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Con data do 4 de novembro de 2014 tivo lugar a entrevista dos/das aspirantes á praza vacante de acordo co disposto no número 9 da convocatoria citada. A Comisión de Avaliación remitiulle á Xerencia a proposta de avaliación de aspirantes para a súa publicación. Con data do 4 de decembro foi publicada a Resolución do 18 de novembro de 2014 coa relación provisional de puntuacións obtidas polos/as aspirantes, con prazo de 10 días para presentar reclamacións de acordo coa convocatoria.

Unha vez transcorrido o citado prazo, tras a resolución das reclamacións, a Comisión de Avaliación remitiulle á Xerencia o acordo coas puntuacións definitivas.

Así, de acordo coa convocatoria citada e en uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG número 47, do 7 de marzo), e pola Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa da Xestión integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG número 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG número 139, do 20 de xullo), a Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Declarar resolta a convocatoria referida e adxudicar o nomeamento temporal na praza vacante de facultativo especialista da Área de Oftalmoloxía a favor de Alejandro Millán Rodríguez.

No prazo máximo de 10 días desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, deberá presentar a documentación que se recolle no punto 10 da convocatoria.

De non achegar a documentación requirida no prazo establecido, non poderá ser nomeado e quedarán sen efecto todas as actuacións. No caso de que a praza quedase vacante, procederase a declarar seleccionado/a o/a aspirante con maior puntuación segundo a orde de prelación na lista definitiva publicada por Resolución do 19 de febreiro de 2015.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés