Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 6 de abril de 2015 Páx. 12925

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 18 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2015.

O Decreto 332/1995, do 27 de decembro, establece para a Comunidade Autónoma de Galicia as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios coa finalidade de que un maior número de agricultores e gandeiros poidan beneficiarse das vantaxes que supoñen os seguros como un instrumento que lles permite facer fronte ás perdas económicas que poidan ter nas súas producións como consecuencia da actuación de axentes alleos, como o clima, as enfermidades e outros.

Tendo en conta a evolución da contratación de seguros agrarios nas últimas campañas, as recomendacións da Comisión Europea, en canto a contías máximas de subvención por tipos de seguros e coberturas, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, é necesario regular, mediante esta orde, determinados aspectos das axudas para fomentar a contratación de seguros agrarios durante o ano 2015.

O Plan de seguros agrarios combinados 2015, elaborado pola Entidade Estatal de Seguros Agrarios, establécese ao abeiro do previsto no artigo quinto do título II da Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, cumprindo co establecido nas directrices da Unión Europea aplicables ás axudas estatais nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais de 2014 a 2020 (2014/C 204/01) e tomando en consideración as directrices contidas no Acordo de bases para a elaboración dos plans de seguros agrarios combinados para o trienio 2013 a 2015, aprobado pola Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos o 26 de xullo de 2012.

No plan determínanse as distintas porcentaxes de subvención que corresponden á Administración do Estado, que achegará Enesa, nos diferentes grupos de liñas de seguro e os criterios para a súa asignación, os estudos de viabilidade e condicións de cobertura, as novas liñas de seguro ou garantías adicionais que se poden incorporar como novidades, a elaboración e a revisión das normas de peritación, as datas de subscrición e os prazos de elaboración de cada seguro e demais cuestións relacionadas co plan.

O Plan anual de seguros agrarios combinados para o exercicio 2015 foi aprobado por Acordo do Consello de Ministros do 14 de novembro de 2014 e publicado por Resolución do 18 de novembro de 2014 do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (BOE núm. 294, do venres 5 de decembro).

Mediante esta orde, e en desenvolvemento do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, a Comunidade Autónoma de Galicia participará nas subvencións que financien as pólizas de seguro que se prevexan no Plan anual estatal, co fin de fomentar a contratación de seguros agrarios.

O obxectivos son os seguintes:

– Revisar os criterios de asignación de subvencións adecuándoos á dispoñibilidade orzamentaria, optimizando os recursos e facilitando a súa aplicación, xestión e control.

– Avanzar no desenvolvemento do sistema de seguros agrarios, para manter ou acadar, según os casos, un nivel de implantación que permita aos produtores agrícolas, gandeiros, forestais e acuícolas, contar, a un coste axustado e asumible polos produtores, cunha garantía básica de proteción para os riscos cubertos, ante as consecuencias que deriven do acaecemento do conxunto dos fenómenos naturais non controlables, universalizando as garantías que se poñen á disposición do sector.

– Perfeccionar os procedementos de xestión dos seguros e a información que se facilita ao asegurado, tanto na contratación como no proceso de valoración dos danos.

O Plan 2015 incluirá as liñas de seguros que se recollen no anexo, así como as seguintes garantías que se irán incorporando nos prazos previstos, unha vez realizados os estudos necesarios para establecer a súa viabilidade e as condicións de cobertura correspondentes que se indican a seguir:

a) Cobertura dos danos na madeira na viña para uva de vinificación que, non producindo a morte da vide, si producen perdas de produción na colleita do ano seguinte.

b) Cobertura dos danos en calidade ocasionados polo risco de xeada na planta de tempada, dentro da planta ornamental.

c) Cobertura do risco de neve na liña de seguro para explotacións forestais.

d) Incluirase o seguro de acuicultura mariña.

Continuarase traballando en consolidar e completar os procesos de deseño, así como atendendo á revisión dos condicionados das diferentes liñas de seguro para favorecer a súa adaptación ás condicións reais do cultivo, ás características do risco, ao destino das producións, ao tamaño e estrutura da explotación, ás técnicas de prevención do risco e aos resultados actuariais do aseguramento.

Ademais, proseguiranse as actuacións que se veñen desenvolvendo para o perfeccionamento técnico das diferentes liñas de aseguramento consideradas no sistema de seguros agrarios, prestando especial atención aos seguintes aspectos:

1º. Actualización das bases de datos de rendementos das liñas de seguros que o requiran.

2º. Establecemento dunha base de datos de rendementos no seguro con coberturas crecentes para explotacións de cereixa.

3º. Incorporación dunha garantía opcional do 80 % para asegurados de baixo nivel de risco en os cultivos herbáceos de regadío.

4º. Adecuación dos rendementos asegurables zonais en leguminosas, oleaxinosas e cereais de inverno.

5º. Desenvolvemento dun seguro a capital parcial ou primeiro risco no sector de produción de árbores nas liñas de seguro con coberturas crecentes en explotacións de planta viva, flor cortada, viveiros e sementes.

6º. Adecuación das coberturas e procesos de xestión para as entidades asociativas e, se for o caso, explotacións de características particulares.

7º. Avanzar na adaptación dos actuais módulos dos seguros con coberturas crecentes a un seguro base con garantías adicionais que, partindo dun módulo básico, permita incorporar garantías de maneira voluntaria polos asegurados.

8º. Avanzar no desenvolvemento da modalidade de aseguramento renovable como contribución á simplificación do proceso de contratación e a fidelización dos produtores.

9º. Avanzarase na posible unificación das liñas de retirada e destrución de animais mortos en explotacións gandeiras.

10º. Adecuación das coberturas do mexillón no seguro de acuicultura mariña para mexillón da Comunidade Autónoma de Galicia.

11º. Modifícase a denominación da actual liña de «seguro de acuicultura marina para ollomol, corvina, dourada, linguado, robaliza e rodaballo» que pasa a denominarse «seguro de acuicultura mariña».

12º. Modifícase a denominación da actual liña de «seguro de piscifactorías de troitas» que pasa a denominarse «seguro de acuicultura continental».

No ano 2015 recibirán subvención, por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, as liñas de seguros indicadas no anexo.

En virtude do exposto, e de conformidade co artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e beneficiarios

1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2015 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

2. A Consellería do Medio Rural e do Mar concederá estas axudas en réxime de concorrencia e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2015 e liñas gandeiras dos plans 2014 e 2015, formalizadas no 2015, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de acuicultura continental.

3. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.

Para os efectos de identificar as grandes empresas, terase en conta a definición de pequena e mediana empresa contida no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

4. Segundo o establecido no número 2 do artigo 19 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, estas axudas exceptúanse do requisito de fixar unha orde de prelación das solicitudes, procedéndose ao pagamento destas ata o esgotamento do orzamento consignado.

5. As subvencións establecidas nesta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por asegurados que, de acordo co artigo 2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, teñan a consideración de administracións públicas.

Artigo 2. Entidades aseguradoras autorizadas

1. A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Competitividade e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados, de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, e demais normativa de desenvolvemento.

2. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros. Non obstante, soamente aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación colectiva se establezan.

Artigo 3. Liñas de seguros subvencionables e contía das axudas

1. Para o ano 2015 a subvención da Consellería do Medio Rural e do Mar queda establecida para as liñas de contratación dos grupos establecidos no anexo que se xunta a esta orde do seguinte xeito:

a) Para todas as liñas, incluídas as do seguro crecente, agás as dos seguros de retirada e destrución de cadáveres de animais, unha porcentaxe sobre a axuda á contratación que lles conceda Enesa, que será variable segundo as liñas, na contía que se especifica nos puntos 1 e 2.1 do anexo.

b) Para as liñas dos seguros de cobertura de gastos derivados da retirada e destrución, tanto de animais bovinos mortos na explotación como do resto de animais mortos na explotación, incluídas as modalidades de renovables, unha porcentaxe sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas, segundo o especificado no punto 2.2 do anexo.

2. A concorrencia das axudas das administracións públicas non superará as porcentaxes máximas establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario para atender posibles perdas causadas por desastres naturais, acontecementos de carácter excepcional, fenómenos climáticos adversos asimilables a desastres naturais, enfermidades animais, pragas vexetais e a retirada e destrución de gando morto. Para asegurar o cumprimento desta normativa, as subvencións terán os seguintes límites:

a) A subvención conxunta de Enesa e da Consellería do Medio Rural e do Mar non poderá sobrepasar os límites xenéricos seguintes:

– Para as liñas de seguros agrícolas establécese un límite do 65 % do recibo de prima, sen ter en conta as recargas por contratación.

– Para as liñas de seguros de explotacións gandeiras e acuícolas establécese un límite do 65 % do custo neto, sen ter en conta as recargas por contratación.

b) No caso dos seguros de retirada e destrución de animais mortos nas explotacións, a subvención da Consellería do Medio Rural e do Mar non poderá sobrepasar o límite xenérico do 80 % do recibo de prima, sen ter en conta as recargas por contratación.

3. Para o cálculo do importe definitivo de subvención, ás cantidades que resulten de aplicar as porcentaxes do número 1 e os límites impostos no número 2 deste artigo restaraselle a cantidade de 15 euros. Non se concederá ningunha subvención a aquelas solicitudes en que este cálculo resulte igual ou inferior a esta cantidade.

Artigo 4. Procedemento e prazos de execución

1. A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición establecidos pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e, ademais, se cumpran os distintos puntos referentes á subvención que se conteñan na declaración do seguro. En todo caso, na declaración do seguro especificarase, na parte de subvencións para comunidades autónomas, a expresión literal de «subvención da Comunidade Autónoma de Galicia».

2. A contratación da póliza de seguro constitúe unha declaración do asegurado de que reúne os requisitos exixidos nas normas reguladoras sobre subvencións e axudas públicas, de acordo cos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que non foron obxecto de resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro ou que, de ser o caso, se realizou o correspondente ingreso, e que dispón dos documentos que xustifican o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde para a concesión das subvencións.

En aplicación da dita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a contratación da póliza de seguro polo solicitante implica a autorización deste para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento dos ditos requisitos a través de certificados telemáticos, salvo denegación expresa daquel.

3. No caso daquelas pólizas de seguro correspondentes á modalidade «renovable», terá a consideración de solicitude de subvención a póliza de seguro inicialmente subscrita mediante a formalización da declaración do seguro, conxuntamente co recibo de pagamento da correspondente anualidade. Neste senso, presumirase que o pagamento do recibo da póliza constitúe a manifestación da aceptación das condicións do seguro e de reunir os requisitos para a percepción das subvencións correspondentes.

4. As datas de inicio e o prazo de subscrición e formalización da correspondente póliza de seguro sinálanse de forma particular para cada liña de contratación no Plan anual para o ano 2015, onde constan as datas de inicio para a subscrición das pólizas de seguro de que se trate.

5. O importe da axuda que corresponda á Consellería do Medio Rural e do Mar deducirase do importe da prima que aboen o tomador ou o asegurado no momento da subscrición da póliza. As cantidades así descontadas pagarallas a Consellería a Agroseguro contra as certificacións de liquidacións, sempre de acordo co procedemento establecido no correspondente convenio de colaboración subscrito entre a Consellería e Agroseguro.

6. No dito convenio establécense os prazos e a documentación que Agroseguro deberá xuntar a cada certificación de liquidación co fin de que se poidan efectuar as comprobacións oportunas para a resolución por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, antes de realizar os correspondentes pagamentos da axuda a Agroseguro.

7. O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións será a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

8. Dentro das dispoñibilidades orzamentarias e de acordo coa orde de presentación de solicitudes, a conselleira do Medio Rural e do Mar, logo da proposta do/a director/a xeral de Produción Agropecuaria, ditará a correspondente resolución de concesión ou denegación da axuda, no prazo máximo de seis meses contados desde a presentación da solicitude. Poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo as solicitudes se no devandito prazo non se dita a correspondente resolución.

9. As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta orde esgotan a vía administrativa e contra elas poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben poderá ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Artigo 5. Obrigas dos beneficiarios e tomadores dos seguros

1. Os tomadores dos seguros e, de ser o caso, os asegurados beneficiarios achegarán unha lista resumo das pólizas subscritas, así como toda aquela documentación relacionada coa contratación do seguro, sempre que así lles sexa exixida expresamente pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria. Así mesmo, aqueles terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

2. Na formalización do seguro, os beneficiarios das axudas farán constar as axudas solicitadas ou concedidas polas distintas administracións públicas competentes para a mesma finalidade.

3. O incumprimento das obrigas sinaladas nos dous puntos anteriores poderá supor a perda total ou parcial da axuda, así como a obriga de restituír as cantidades percibidas, sen prexuízo doutras responsabilidades en que puideren incorrer os beneficiarios ou perceptores.

4. Os asegurados, polo feito de contrataren a póliza do seguro agrario, autorizan a Consellería do Medio Rural e do Mar, para que, en caso necesario, e co obxecto de verificar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde, poida solicitar a cesión de información a outras administracións, por medios informáticos ou telemáticos, sobre a circunstancia de estaren ou non ao día nas súas obrigas tributarias, así como calquera outra información que permita certificar o cumprimento dos requisitos exixidos para a obtención das subvencións reguladas nesta orde.

5. A formalización da póliza constitúe unha autorización para poder obter de Agroseguro a información sobre os sinistros acontecidos nas explotacións aseguradas e outros datos relevantes sobre a xestión da póliza, segundo se fai constar no documento de aseguramento que se asina para a súa formalización.

6. Nos seguros de gando, no caso de cesar a actividade para a cal se subscribise o seguro, antes de rematar o prazo de garantías, é obrigatorio comunicar á compañía aseguradora o fin da actividade, co fin de que, se é o caso, a Consellería do Medio Rural e do Mar poida recuperar a parte de subvención non empregada.

Artigo 6. Modificación da resolución de concesión e infraccións administrativas

Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión da axuda.

Artigo 7. Control das axudas

1. A Consellería de Medio Rural e do Mar establecerá os controis administrativos e de campo precisos para asegurar que se cumpren os requisitos establecidos nesta orde.

2. Para os efectos do control das subvencións reguladas nesta orde, o tomador do seguro, no caso de pólizas de contratación colectiva, ou o asegurado, no caso de pólizas individuais, serán responsables das infraccións administrativas en materia de subvencións e estarán suxeitos ás sancións reguladas ao respecto, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Co obxecto de mellorar o sistema de control de subvencións, a Consellería do Medio Rural e do Mar poderá establecer un convenio de colaboración con Enesa para o intercambio de información relativa ás pólizas contratadas, en particular aquelas cuxo importe se calcula como unha porcentaxe das que outorga esta entidade.

Artigo 8. Reintegro das axudas

No caso de pagamentos indebidos, así como nos demais casos determinados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios ou perceptores das axudas quedarán obrigados ao reembolso do importe indebidamente percibido, xunto cos xuros de mora producidos desde o pagamento, sen prexuízo doutras responsabilidades as que houber lugar segundo os artigos 37, 38, 39 e 40 da dita lei.

Artigo 9. Financiamento

Para a concesión das axudas reguladas nesta orde existe crédito adecuado e suficiente con cargo ao proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, por un importe total de 4.750.000,00 euros, que poderá verse incrementado con outros remanentes orzamentarios e sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias na aplicación 2015 12 22 712B 7720, proxecto orzamentario 2009.00695.

Disposición adicional primeira. Norma que se observará no non previsto nesta orde

No non previsto nesta orde observarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve o regulamento da dita lei.

Disposición adicional segunda. Publicación da concesión de axudas

Sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e de conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na administración pública galega, a Consellería publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos na citada páxina web.

Disposición derradeira primeira. Facultades para ditar instrucións

Facúltase a directora xeral de Produción Agropecuaria para ditar as instrucións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Comezo de efectos

Esta orde terá efectos o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO
Porcentaxes de subvención base aplicables

1. Seguros para producións agrícolas e forestais.

Liñas de seguro

Producións asegurables

Data inicio subscrición

Subv. CA Galicia (%)

Módulo

Subvención base de Enesa (%)

Seguro con coberturas crecentes para explotacións de cereixa.

Cereixa.

1 de xaneiro

55

1

75

55

2

25

55

P

13

Seguro con coberturas crecentes para organizacións de produtores e cooperativas.

Cereixa, cítricos, cultivos herbáceos extensivos, caqui e outras froiteiras, froiteiras, froitos secos, hortalizas, olivas, plátano, producións tropicais e subtropicais, uva de mesa e uva de vinificación.

1 de xaneiro

18

OP

54

Seguros con coberturas crecentes para explotacións de hortalizas ao aire libre, ciclo primavera-verán, na península e na C.A. de Illes Balears.

Chicoria de raíz, berenxena, cabaciña, cabaza, calçot, cebola, ceboliña, charouvía, chufa, feixón verde, melón, nabo, cogombro, cogombro novo, pemento, porro, ravo, remolacha de mesa, sandía, tomate e cenoria.

15 de xaneiro

20

1

75

20

2

25

20

3

19

20

P

13

Seguro con coberturas crecentes para explotacións forestais.

Coníferas, frondosas e arbustivas.

15 de xaneiro

0

P

19

Seguro con coberturas crecentes para explotacións de hortalizas con ciclos sucesivos na península e na C.A. de Illes Balears.

Acelga, chicoria de folla verde, apio, baby leaf, verza, bimi, borraxe, brócoli, coles de Bruxelas, col-repolo, coliflor, escarola, endivia, espinaca, grelos, fiúncho, hortalizas orientais, leituga e romanesco.

15 de xaneiro

20

1

75

20

2

25

20

3

19

20

P

13

Seguro con coberturas crecentes para explotacións de cultivos industriais non téxtiles.

Durmideira, alcaparra, áloe vera, anís, azafrán, cana de azucre, lavanda, lavandín, lúpulo, menta, vimbio, regalicia, remolacha azucreira, resto das aromáticas, resto das culinarias e resto das medicinais e tabaco.

1 de febreiro

18

1

75

18

2

25

18

P

13

Seguro con coberturas crecentes para explotacións de cultivos industriais téxtiles.

Algodón, cánabo téxtil e liño téxtil.

1 de febreiro

18

1

75

18

2

25

18

P

13

Seguro con coberturas crecentes para explotacións de planta viva, flor cortada, viveiros e sementes na península e na C.A. de Illes Balears.

Planta viva; flor cortada; viveiros de vide, cítricos, froiteiras tropicais e subtropicais, froiteiras de froito seco, resto das froiteiras, forestais, amorodo, oliveiral, plantas aromáticas, resto das especies leñosas (arbóreas e arbustivas) e resto dos viveiros; produción de sementes; chantóns de hortalizas e tabaco.

1 de febreiro

20

1

75

20

2

25

20

3

19

20

P

13

Seguro con coberturas crecentes para explotacións de multicultivos de hortalizas.

Todas as hortalizas.

1 de marzo

20

1

75

20

2

25

20

P

13

Seguro con coberturas crecentes para explotacións de cítricos.

Laranxa, mandarina, limón, lima e pomelo.

1 de abril

55

1

75

55

2

25

55

3

19

55

P

13

Seguro con coberturas crecentes para explotacións hortícolas baixo cuberta na península e na C.A. de Illes Balears.

Todas as producións hortícolas, amorodo, framboesa, arando, grosella e amora.

1 de xuño

20

1

75

20

2

25

20

3

19

20

P

13

Seguro con coberturas crecentes para explotacións hortícolas ao aire libre, de ciclo outono-inverno, na península e na C.A. de Illes Balears.

Faba verde, chícharo verde, alcachofa, cardo, espárrago, allo, pataca, batata, boniato, arando, framboesa, amorodo, fresón, grosella e amora.

1 de xuño

18

1

75

18

2

25

18

3

19

18

P

13

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de caqui e outras froiteiras.

Caqui, kiwi, néspera, abruñeiro, granado, figueira, castaño, azofaifa e marmeleiro.

1 de setembro

55

1

75

55

2

25

55

3

19

55

P

13

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de froitos secos.

Amendoeira, abeleira, alfarrobeira, nogueira e pistacho.

1 de setembro

18

1

75

18

2

27

18

P

13

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de cultivos herbáceos extensivos.

Cereais de inverno, cereais de primavera, arroz, leguminosas gra, oleaxinosas e palla de cereais de inverno.

1 de setembro

20

1

75

20

2

27

20

P (arroz e fabes)

13

20

P (resto)

10

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de oliveiras.

Oliva.

1 de outubro

18

1

75

18

2

27

18

P

13

Seguro base (SB) con garantías adicionais (GA) para uva de vinificación na Península e na C.A. de Illes Balears.

Uva de vinificación.

1 de outubro

55

SB

75

55

SB +

GA1

36

55

SB +

GA1 +

GA2

27

55

SB +

GA1 +

GA2

GA3

19

55

P

13

Seguro de coberturas crecentes para explotacións frutícolas.

Albaricoque, ameixa, mazá, mazá de sidra, melocotón e pera.

15 de novembro

55

1

75

55

2

25

55

3

19

55

P

13

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de cultivos forraxeiros.

Cultivos forraxeiros, palla de cereais de inverno e pastos aproveitables a dente.

15 de novembro

18

1

75

18

2

25

18

P

13

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de cultivos agroenerxéticos.

Cultivos anuais ou plurianuais destinados á produción de biocombustibles sólidos lignocelulósicos para la produción de enerxía.

15 de novembro

18

1

75

18

2

25

18

P

13

2. Seguros de producións gandeiras e acuícolas.

2.1. Seguros de explotación.

Liñas de seguro

Data inicio subscrición

Subv. CA Galicia (%)

Subvención base de Enesa (%)

Seguro de explotación de gando vacún reprodutor e de recría.

Sistema de manexo de explotación de aptitude cárnica.

15 de xaneiro

20

14

Outros sistemas de manexo de explotación.

20

22

Seguro de explotación de gando vacún de ceba.

15 de xaneiro

20

21

Seguro de explotación de gando vacún de lida.

15 de xaneiro

20

21

Seguro de explotación de gando vacún de alta valoración xenética.

15 de xaneiro

20

22

Seguro de explotación de reprodutores bovinos de aptitude cárnica.

15 de xaneiro

20

22

Seguro de explotación de gando ovino e cabrún.

15 de xaneiro

20

22

Seguro de explotación de gando equino.

1 de febreiro

20

20

Seguro de explotación de gando equino de razas selectas.

1 de febreiro

20

21

Seguro de explotación de gando aviar de carne.

1 de febreiro

20

22

Seguro de explotación de gando aviar de posta.

1 de febreiro

20

22

Seguro de explotación de gando porcino.

1 de febreiro

20

22

Tarifa xeral gandeira.

1 de marzo

20

20

Seguro de compensación por perda de pastos.

1 de xullo

20

23

Seguro de explotación de apicultura.

1 de outubro

20

22

Seguro de acuicultura continental.

1 de febreiro

20

16

Seguro de acuicultura mariña para mexillón da Comunidade Autónoma de Galicia.

1 de marzo

5

16

Seguro de acuicultura mariña.

1 de febreiro

0

16

2.2. Seguros de retirada e destrución.

Liñas de seguro

Data de inicio subscrición

Subv. C.A. Galicia (%)

Seguro para a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais bovinos mortos na explotación.

1 de xuño

30

Seguro renovable para a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais bovinos mortos na explotación.

30

Seguro para a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais non bovinos (1) mortos na explotación.

30

Seguro renovable para a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais non bovinos (1) mortos na explotación.

30

(1) Ovina, caprina, porcina, aviar, cunícola, equina, piscícola e acuícola, cérvidos e camélidos.