Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2014/208-1).

Expediente: IN407A 2014/208-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Rocha Nova.

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

LMT subterránea a CTC Rocha Nova a 20 kV cunha lonxitude de 2×575 m, coa orixe na LMTS a CT Rocha Vella III (expediente 260/97), condutor tipo RHZ1-12/20 kV 3×240 Al, e final na mesma liña unha vez entre e saia do CTC proxectado.

Centro de transformación prefabricado Rocha Nova cunha potencia de 250 kVA , e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se insire xunto a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puido realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 26 de febreiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2014/208-1.

Proxecto: LMTS, CTC e RBT Rocha Nova.

Concello: Santiago de Compostela.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Afeccións

1

Rocha Nova

Prado

Hros. Marina Iglesias Otero

CT e acceso, m2: 43.5

2

Rocha Nova

Prado

Hros. Juan García Lojo e María Miranda Piñeiro

CT e acceso, m2: 7.5