Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13536

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo

ANUNCIO de convocatoria do programa LeanCámaras, de axudas a pemes galegas para a mellora da competitividade.

missing image file

As cámaras de comercio da Coruña, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa abren, mediante a correspondente convocatoria pública de axudas, o prazo para a presentación de solicitudes de participación no programa LeanCámaras, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea (80 %). O 20 % adicional estará financiado pola Xunta de Galicia e as propias empresas beneficiarias.

Obxecto: o programa permítelle á empresa o desenvolvemento subvencionado de plans de axuda á mellora da competitividade para a adopción dunha cultura baseada na busca constante da mellora continua e da eficiencia para lograr un crecemento económico sustentable. A empresa contará cun consultor experto en Lean Manufacturing que a guiará ao longo de todo o proceso de implantación do plan.

A convocatoria de axudas, así como o modelo de solicitude de participación, poderán descargarse da páxina web: www.camaras-galicia.com

Vigo, 27 de marzo de 2015

Manuel Fernández Pool
Secretario xeral accidental da Cámara de Comercio de Vigo