Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14054

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos investimentos das pemes en equipamentos produtivos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertido un erro na referida resolución, publicada no DOG núm. 248, do 29 de decembro de 2014, procede facer a seguinte corrección:

– Na páxina 52899, no artigo 5.5, onde di: «Os proxectos deberán ser viables técnica, económica, financeira e ambientalmente. Así mesmo, no caso de proxectos de transformación fundamental do proceso de produción, o investimento subvencionable deberá superar a dotación media para amortizacións do inmobilizado, circunscrita ao centro obxecto dos novos investimentos, nos tres últimos exercicios pechados. No caso de proxectos para a diversificación dun establecemento existente, o investimento subvencionable deberá superar no 200 % a devandita dotación media»,

Debe dicir: «Os proxectos deberán ser viables técnica, económica, financeira e ambientalmente. Así mesmo, no caso de proxectos de transformación fundamental do proceso de produción, o investimento subvencionable deberá superar a amortización dos activos relativos á actividade que se vai modernizar nos tres exercicios fiscais anteriores. No caso de proxectos para a diversificación dun establecemento existente, o investimento subvencionable deberá superar como mínimo o 200 % do valor contable dos activos que se reutilizan, rexistrados no exercicio fiscal anterior ao inicio dos traballos».