Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 23 de abril de 2015 Páx. 15585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 8 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Educativa, da exposición pública dos proxectos dos decretos polos que se establecen os currículos dos ciclos formativos de grao medio correspondentes aos títulos de técnico en Actividades Comerciais, técnico en Impresión Gráfica e técnico en Operacións de Laboratorio, e os currículos dos ciclos formativos de grao superior correspondentes aos títulos de técnico superior en Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa, técnico superior en Integración Social e técnico superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro (DOG do 31 de decembro), de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública os proxectos dos decretos polo que se establecen os currículos dos ciclos formativos de grao medio correspondente aos títulos de técnico en Actividades Comerciais, técnico en Impresión Gráfica e técnico en Operacións de Laboratorio, e os currículos dos ciclos formativos de grao superior correspondentes aos títulos de técnico superior en Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa, técnico superior en Integración Social e técnico superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

As organizacións, as asociacións, a comunidade educativa e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas aos proxectos destes decretos nos 15 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, seguindo as instrucións que figuran no enderezo web: www.edu.xunta.es/fp .

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria