Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16766

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 21 de abril de 2015 pola que se fixan os prezos privados que percibirá a Xunta de Galicia no Laboratorio de Consumo de Galicia.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no capítulo III do título II o que se entende por prezos privados. No artigo 50 do referido texto establécese que «Son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos aos que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

A lexislación en materia de consumo, a través principalmente da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, e da Lei 12/1984, do 28 de decembro, do Estatuto galego do consumidor e usuario, recolle amplamente o dereito da persoa consumidora e usuaria á protección da súa saúde e dos seus intereses económicos e sociais.

No cumprimento deste obxectivo, o Laboratorio de Consumo de Galicia actúa como órgano de apoio para empresas ou organismos preocupados por garantir a calidade e seguridade dos produtos que ofrecen, así como de particulares que os adquiran, para o que aplicará prezos privados de acordo co establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. A devandita lei, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda e publicados no Diario Oficial de Galicia.

O Laboratorio de Consumo de Galicia dispoñía xa duns prezos privados publicados mediante a Orde do 4 de xullo de 2011 (DOG núm. 137, do 18 de xullo), nos que se establecía o prezo para cada un dos ensaios que realizaba. Neste caso trátase, ademais de actualizar as contías de cada un dos ensaios que se realizan no laboratorio considerando as reducións en custos de persoal, revisar tamén o custo de cada ensaio asignando uns tempos de execución máis reducidos, á vista da mellora na eficacia acadada no laboratorio nestes anos, e, fundamentalmente, incluír unha cantidade significativa de novos ensaios postos á disposición no Laboratorio de Consumo, polo que se pasa da anterior oferta de 162 ensaios aos actuais 290.

Desta forma estrutúrase unha táboa de prezos moito más ampla para as persoas usuarias do laboratorio, e que inclúe análises que foron postas a punto nestes anos e que non podían ser ofertados por non figuraren nos anteriores prezos, así como a actualización das tarifas, que supón unha rebaixa de máis dun 10 % nos prezos ofertados en 2011.

En virtude de todo isto, por proposta da presidenta do Instituto Galego de Consumo, organismo autónomo a que está adscrito o Laboratorio de Consumo de Galicia, e logo do informe da Consellería de Facenda,

DISPOÑO:

Artigo 1

Atendendo ás condicións e circunstancias do mercado, fíxanse os prezos privados, que se van cobrar no Laboratorio de Consumo de Galicia, como consecuencia da contraprestación percibida pola realización dos ensaios seguintes de interese directo na determinación dos cumprimentos de calidade e seguridade dos produtos, segundo as normas vixentes en cada materia (UNE, EN, ISO, etc.) segundo a seguinte estrutura:

I. Ensaios comúns a distintos grupos de produtos industriais.

II. Produtos. Análise química.

III. Produtos téxtiles.

IV. Seguridade dos xoguetes.

V. Seguridade dos xoguetes eléctricos.

VI. Seguridade de artigos de puericultura.

VII. Seguridade en electrodomésticos en xeral.

VIII. Ensaios en pilas e acumuladores.

IX. Seguridade en aparellos eléctricos: bases e caravillas de uso doméstico.

X. Ensaios en produtos electrónicos.

XI. Ensaios mecánicos xenéricos.

XII. Outros ensaios.

Artigo 2

Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Artigo 3. Exencións

Os organismos da Administración pública da Xunta de Galicia, definidos no artigo 3 da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, non estarán suxeitos a esta orde.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde de 4 de xullo de 2011 pola que se fixan os prezos privados que percibirá a Xunta de Galicia a través do Laboratorio de Consumo de Galicia, e tamén cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2015

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO
Ensaios e prezos (en euros)

(*) Consultar alcance e/ou dispoñibilidade.

(**) Esta epígrafe é obrigatoria antes da realización de calquera ensaio.

I. Comúns a distintos grupos de produtos industriais.

1. Elaboración de informe 20,83

II. Produtos. Análises químicas.

2. Etiquetaxe (*) 20,83

3. Preparación de mostra (dixestión, filtración, extracción Soxhlet…) (*) 41,67

4. Análises con medicións directas con instrumental sinxelo ou reaccións cualitativas (*) 20,83

5. Identificación e/ou cuantificación mediante técnicas non instrumentais (*) 31,25

6. Identificación e/ou cuantificación mediante técnicas espectrofotométricas (*) 41,67

7. Identificación e/ou cuantificación mediante cromatografía de gases/espectrometría de masas. 1 a 10 analitos (*) 166,67

8. Identificación e/ou cuantificación mediante espectroscopia de emisión con fontes de plasma con axuste indutivo (ICP). 1 a 10 metais (*) 166,67

9. Ensaios non incluídos na presente relación de prezos (*) 166,67

III. Produtos téxtiles.

10 Etiquetaxe 10,42

A. Identificación de fibras e composición.

11. Observación microscópica: sección lonxitudinal 10,42

12. Observación microscópica: sección transversal 10,42

13. Observación microscópica: fotomicrografía 10,42

14. Identificación por solubilidade 20,83

15. Identificación de fibras téxtiles: microscopia e solubilidade 20,83

16. Análise química cuantitativa de mesturas binarias de fibras téxtiles (métodos 1, 2, 4 e 7. UNE 40-110) 125,00

17. Análise cuantitativa de mesturas binarias de fibras téxtiles por separación manual 41,67

18. Análise cuantitativa de mesturas ternarias de fibras téxtiles por separación manual 41,67

19. Análise química cuantitativa de mesturas binarias de fibras téxtiles 125,00

20. Análise química cuantitativa de mesturas ternarias de fibras téxtiles 250,01

B. Estrutura e características físicas e químicas.

21. Masa por unidade de lonxitude e por unidade de superficie dos tecidos 20,83

22. Masa dos fíos de urdime e de trama por unidade de superficie nun tecido 20,83

23. Densidade linear (número ou título) dos fíos dun tecido 20,83

24. Densidade dos tecidos: nº fíos/cm 20,83

25. Preparación, marcación e medición para a determinación das variacións dimensionais. 10,42

26. Variacións dimensionais dos tecidos en auga fría 31,25

27. Determinación da resistencia á abrasión dos tecidos (método Martindale) 125,00

28. Determinación da tendencia á formación de peluxe e de boliñas (pilling) (método Martindale modificado) 125,00

C. Solidez das tinturas.

29. Solidez das tinturas ao lavado doméstico e comercial (ensaios A1 e B1. UNE-NISO 105-C06) 44,22

30. Solidez das tinturas ao lavado doméstico e comercial 31,25

31. Solidez das tinturas á limpeza en seco (UNE-NISO 105-D01) 44,22

32. Solidez das tinturas á auga clorada 31,25

33. Solidez das tinturas á auga (UNE-NISO 105-E01) 40,74

34. Solidez das tinturas á auga de mar (UNE-NISO 105-E02) 40,74

35. Solidez das tinturas á transpiración (UNE-NISO 105-E04) 40,74

36. Solidez das tinturas á fricción con tetracloroetileno (UNE-NISO 105-D02) 33,80

37. Solidez das tinturas á fricción 20,83

38. Solidez das tinturas á auga quente 20,83

39. Solidez das tinturas ao branqueo: hipoclorito 20,83

40. Solidez das tinturas ao branqueo: peróxido 20,83

41. Solidez das tinturas á pinga de auga 20,83

D. Ensaios de tracción.

42. Fíos enrolados. Determinación da forza de rotura e da prolongación na rotura de fíos individuais 31,25

43. Costuras de tecidos e de artigos téxtiles confeccionados. Determinación da forza máxima ata a rotura das costuras polo método da tira 31,25

44. Téxtiles. Determinación da forza máxima e da prolongación na rotura polo método da tira 31,25

E. Seguridade das pezas.

45. Téxtiles. Pezas pequenas ríxidas. Ensaio: tracción 31,25

46. Téxtiles. Pezas pequenas ríxidas. Ensaio: cilindro para pezas pequenas. 13,75

47. Cordóns ou cordas axustables 10,42

F. Comportamento ao lume.

48. Comportamento ao lume de tecidos para indumentaria 41,67

49. Comportamento ao lume de pezas infantís para durmir (UNE-EN 14878) 41,67

50. Etiquetaxe. Comportamento ao lume de pezas infantís para durmir (UNE-EN 14878) 10,42

IV. Seguridade dos xoguetes.

51. Etiquetaxe específica de xoguetes 33,80

A. Propiedades físicas e mecánicas (EN 71-1)

52. Determinación de partes pequenas 26,72

53. Ensaio de torsión 31,25

54. Ensaio de tracción 31,25

55. Ensaio de caída 26,72

56. Ensaio de envorcadura 13,75

57. Ensaio de impacto 26,72

58. Ensaio de compresión 31,25

59. Ensaio de imbibición 44,22

60. Accesibilidade dun elemento ou peza 20,83

61. Acuidade dos bordos 33,80

62. Acuidade das puntas 33,80

63. Flexibilidade dos arames (*) 41,67

64. Materiais expandibles 41,67

65. Estanquidade de xoguetes que conteñen líquidos 31,25

66. Forma xeométrica de certos xoguetes 26,72

67. Durabilidade dos xoguetes accionados pola boca (*) 41,67

68. Mecanismos despregables ou corredizos 41,67

69. Resistividade eléctrica das cordas 31,25

70. Espesor das cordas (*) 31,25

71. Resistencia estática (*) 31,25

72. Estabilidade 31,25

73. Determinación da enerxía cinética 20,83

74. Láminas de plástico 20,83

75. Resistencia das barras de dirección do patinete de xoguete 41,67

76. Determinación dos niveis de presión sonora de emisión (*) 13,75

77. Determinación da velocidade de xoguetes eléctricos destinados a montar neles 31,25

78. Medida da elevación da temperatura 41,67

79. Tapadeiras dos cofres de xoguete (*) 20,83

80. Ensaio de bólas pequenas e de ventosas 13,75

81. Ensaio de figuras para xogar 13,75

82. Ensaio de tracción para imáns (*) 31,25

83. Ensaio de índice de fluxo magnético 31,25

B. Inflamabilidade (EN 71-2).

84. Ensaio de inflamabilidade 41,67

C. Xogos de experimentos químicos (EN 71-4).

85. Xoguete completo 145,84

V. Seguridade dos xoguetes eléctricos (UNE-EN 62115).

86. Marcas, indicacións e folla de instrucións 33,80

87. Potencia absorbida 24,31

88. Quecementos e funcionamento anormal 173,62

89. Rixidez dieléctrica á temperatura de réxime 48,61

90. Rixidez dieléctrica á temperatura ambiente 34,72

91. Resistencia mecánica 17,36

92. Construción 27,78

93. Protección dos cables e condutores 24,31

94. Liñas de fuga e distancia no aire 48,61

VI. Seguridade dos artigos de puericultura.

A. Chupetes (UNE-EN 1400).

95. Preparación das mostras e condicións xerais de ensaio (**) 31,25

96. Materiais 13,75

97. Construción - Xeneralidades. 13,75

98. Construción - Mamadeira 20,83

99. Construción - Disco 20,83

100. Construción - Argola 20,83

101. Construción - Tirador, obturador e/ou cuberta 20,83

102. Construción - Aberturas (atrapamento de dedos) 13,75

103. Ensaio de resistencia ao impacto 44,22

104. Ensaio de resistencia á perforación 31,25

105. Ensaio de resistencia ao esgazamento 31,25

106. Ensaio de retención do tirador, obturador e/ou cuberta 31,25

107. Ensaio de resistencia á mordida 31,25

108. Ensaio de resistencia á rotación (*) 31,25

109. Ensaios de integridade 31,25

110. Envase de venda 10,42

111. Información do produto 10,42

B. Broches para chupetes (UNE-EN 12586).

112. Preparación das mostras e condicións xerais de ensaio (**) 31,25

113. Requisitos xerais 13,75

114. Medición da lonxitude 44,22

115. Medición do largo (*) 31,25

116. Resistencia ao impacto 26,72

117. Ensaios de resistencia á tracción 31,25

118. Ensaio de aprisionamento de dedos 13,75

119. Ensaios de guías 26,72

120. Envase para a persoa consumidora 10,42

121. Información de produto 10,42

C. Artigos para a alimentación líquida (UNE-EN 14350).

122. Preparación das mostras (**) 31,25

123. Exame visual e táctil 13,75

124. Partes pequenas 26,72

125. Marcación volumétrica 13,75

126. Precisión volumétrica 31,25

127. Resistencia ao esgazamento 31,25

128. Resistencia á auga en ebulición (para reutilizables) 13,75

129. Choque térmico (para reutilizables) 41,67

130. Requisitos adicionais para os discos de selaxe. 13,75

131. Requisitos para elementos combinados. 13,75

132. Requisitos para os elementos saíntes (galgas) 33,80

133. Requisitos para as pallas 20,83

134. Envase de venda 10,42

135. Información do produto 10,42

D. Parques para uso doméstico (UNE-EN 12227).

136. Montaxe e inspección previos aos ensaios (**) 41,67

137. Materiais: madeira, superficies, metal e inflamabilidade (*) 41,67

138. Construción 20,83

139. Inspección 13,75

140. Medidas 13,75

141. Cortes e esmagamentos 13,75

142. Estribo 13,75

143. Elementos desmontables 13,75

144. Ensaio de mordida 20,83

145. Comprobación de partes saíntes, ocos e aberturas 13,75

146. Resistencia (*) 31,25

147. Ensaio de estabilidade 31,25

148. Rodiñas/rodas 13,75

149. Embalaxe 13,75

150. Información do produto 13,75

E. Cadeiras de paseo (UNE-EN 1888).

151. Inflamabilidade 41,67

152. Encollemento 31,25

153. Puntos de corte e compresión 13,75

154. Atrapamento 13,75

155. Bordos, puntas e esquinas 13,75

156. Pezas pequenas 20,83

157. Suxeición das pezas mecánicas 20,83

158. Cordas, cordóns e outros tecidos estreitos 20,83

159. Forro interior do seirón ou do asento 20,83

160. Instalación do seirón ou o asento no chasis 13,75

161. Liberación involuntaria do dispositivo de suxeición 20,83

162. Sistema de suxeición e fibelas 20,83

163. Resistencia das rodas 20,83

164. Durabilidade da marcación 20,83

165. Embalaxe de plástico 20,83

166. Información sobre o produto 10,42

F. Cadeiras altas para nenos e nenas (UNE-EN 14988).

167. Montaxe e inspección previos aos ensaios (**) 20,83

168. Xeneralidades 13,75

169. Partes móbiles 20,83

170. Mecanismos de bloqueo para cadeiras plegables 20,83

171. Pezas pequenas. 44,22

172. Sistema de retención. 31,25

173. Bordo dianteiro do asento. 20,83

174. Rodas e rodiñas 13,75

175. Durabilidad do mecanismo de bloqueo 20,83

176. Estabilidade da bandexa 31,25

177. Embalaxe 20,83

178. Información de produto 10,42

G. Cadeiras de mesa (UNE-EN 1272).

179. Inflamabilidade 41,67

180. Cantos e esquinas 13,75

181. Partes pequenas 44,22

182. Parafusos. 13,75

183. Repousapés 13,75

184. Dispositivo de retención 20,83

185. Durabilidade da marcación 20,83

186. Información de produto 10,42

187. Embalaxe 20,83

H. Mochilas portabebés sen estrutura soporte (UNE-EN 13209).

188. Inflamabilidade 41,67

189. Encollemento. 31,25

190. Fíos de monofilamento 13,75

191. Partes pequenas 31,25

192. Cordóns, correas, cintos e partes empregadas como ataduras 20,83

193. Soporte de cabeza 13,75

194. Sistema de suxeición á persoa coidadora 20,83

195. Accesibilidade dos recheos 20,83

196. Embalaxe 20,83

197. Información de produto 10,42

I. Seiróns e soportes (UNE-EN 1466).

198. Montaxe e inspección previos aos ensaios (**) 20,83

199. Xeneralidades 13,75

200. Inflamabilidade 41,67

201. Plásticos laminados 20,83

202. Calcomanías 13,75

203. Seiróns e soportes - Bordos, puntas e esquinas 13,75

204. Seiróns e soportes - Partes pequenas 13,75

205. Seiróns e soportes - Cordóns, correas, cintas e outros tecidos estreitos. 20,83

206. Seiróns e soportes - Partes móbiles 20,83

207. Seiróns e soportes - Materiais de recheo. 13,75

208. Seiróns - Asas flexibles dos seiróns 20,83

209. Soportes - Mecanismo de encartamento dos soportes 20,83

210. Soportes - Rodas dos soportes. 13,75

211. Información de produto 10,42

J. Berces de viaxe (UNE-EN 716).

212. Inflamabilidade de tecidos, tecidos recubertos e cubertas plásticas 41,67

213. Bordos e partes sobresaíntes 13,75

214. Parafusos autorroscantes 13,75

215. Etiquetas e calcomanías. 13,75

216. Pezas pequenas 31,25

217. Rodas e rodiñas 13,75

218. Sistemas de bloqueo 20,83

219. Bordo do berce 20,83

220. Tamaño do colchón 13,75

221. Embalaxe 20,83

222. Instrucións de uso e marcación 10,42

K. Miniberces (UNE-EN 1130).

223. Montaxe e inspección previos aos ensaios (**) 20,83

224. Madeira e materiais a base de madeira 13,75

225. Materiais e superficies 10,42

226. Partes metálicas 13,75

227. Cantos visibles e partes saíntes 13,75

228. Ocos e buracos na zona de acceso 1 20,83

229. Parafusos de ensamblaxe 13,75

230. Rodas 20,83

231. Mecanismo de bloqueo 20,83

232. Bases regulables 13,75

233. Pezas pequenas 20,83

234. Distancia entre o soporte e o seirón 13,75

235. Ocos e buracos na base 13,75

236. Resistencia da base 20,83

237. Altura dos laterais 13,75

238. Ocos e buracos nos laterais 13,75

239. Seiróns balanceables 13,75

240. Distancia entre a vareta guía do lateral corredizo e o poste 13,75

241. Carga estática dos laterais 20,83

242. Embalaxe 20,83

243. Instrucións de uso e marcación 10,42

VII. Electrodomésticos en xeral (UNE-EN 60335-1).

244. Marcas, indicacións e follas de instrucións 20,83

245. Protección contra os choques eléctricos 52,09

246. Potencia e intensidade absorbidas 24,31

247. Quecementos 77,09

248. Illamento eléctrico e corrente de fuga a temperatura de réxime 52,09

249. Rixidez dieléctrica 34,72

250. Estabilidade e perigos mecánicos 31,25

251. Resistencia mecánica 17,36

252. Construción 154,17

253. Conexión á rede de cables flexibles exteriores 90,28

254. Dispositivos para a posta á terra 38,20

VIII. Pilas e acumuladores (UNE-EN 60068) (*).

255. Dimensións 20,83

256. Características da descarga a 20º C 83,34

257. Características da descarga a 20º C para elementos de carga rápida 83,34

258. Conservación da carga 208,34

259. Sobrecarga 83,34

260. Sobrecarga elementos carga rápida 83,34

261. Funcionamento do dispositivo de seguridade 62,50

262. Almacenamento 416,68

IX. Aparellos eléctricos. Bases e caravillas para uso doméstico.

263. Marcas e indicacións 20,83

264. Verificación das dimensións 79,17

265. Protección contra os choques eléctricos 54,17

266. Dispositivos de posta á terra 38,20

267. Resistencia ao illamento 59,03

268. Resistencia á calor 83,34

269. Quecementos 69,45

X. Equipamentos electrónicos.

A. Teléfonos móbiles.

270. Funcionamento xeral 20,83

271. Carga e duración da batería 41,67

272. Inspección microscópica exterior 20,83

273. Inspección microscópica interior 62,50

274. Outras determinacións 104,17

B. Outros equipamentos electrónicos.

275. Funcionamento xeral 41,67

276. Carga e duración da batería 41,67

277. Inspección microscópica exterior 20,83

278. Inspección microscópica interior 83,34

XI. Ensaios mecánicos xenéricos.

279. Ensaio de etiquetaxe xenérico 20,83

280. Acondicionamento de mostras 31,25

281. Comprobación visual ou táctil 13,75

282. Control dimensional 20,83

283. Ensaios con galgas 20,83

284. Ensaios mecánicos simples 20,83

285. Estanquidade reloxos water resistant ISO 22810 41,67

286. Ensaios con tracción ou compresión 31,25

287. Ensaios de inflamabilidade 41,67

288. Inspección microscópica exterior 20,83

289. Inspección microscópica interior 83,34

XII. Outros ensaios.

290. Outros ensaios non incluídos nesta lista (por hora) (*) 41,67