Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16793

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 20 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2015 das subvencións para o financiamento da formación e da actividade laboral dos contratos para a formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro.

Advertido erro na orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 70, do 27 de abril de 2015, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 15916, no artigo 18.1, onde di: «Sera subvencionable ao abeiro deste programa a formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe, que exceda o 25 % da xornada laboral e que se realice no ano 2014 e no ano 2015...», debe dicir: «Será subvencionable ao abeiro deste programa a formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe, que exceda o 25 % da xornada laboral e que se realicen no ano 2014 e no ano 2015...».