Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 4 de maio de 2015 Páx. 17322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2015/084-1).

Número de expediente: IN407A 2015/084-1.

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación: LMTS Lugo 63, Guisande II e CT Armán Lois, Santa Comba.

Concello: Santa Comba.

Características técnicas:

• Instalación e montaxe de CT. Interior Armán Lois, en edificio de obra civil, incluíndo 3 celas de media tensión: 2 celas entrada/saída de liña motorizadas e unha cela de protección mediante fusibles para un transformador de 400 kVA.

• Instalación e montaxe de dúas celas de entrada/saída de liña motorizadas, orixe e fin da liña nos CT Lugo 63 e Guisande II (expediente IN407A 2012/204), respectivamente.

• Tramo de liña de media tensión soterrada de 20 kV e 1325 m entre o CT Lugo 63 e o CT Guisande despois de entrar e saír no CT Armán Lois (proxectado), en simple circuíto con condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 Al).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 6 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña