Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 5 de maio de 2015 Páx. 17656

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO para a contratación, mediante procedemento aberto, da explotación da cafetaría sita no parque Barbaña.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: servizo de contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2, 3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es .

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es .

d) Número de expediente: ref. 2306.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, da explotación da cafetaría sita no parque Barbaña.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: dez anos.

e) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: 100 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 126.318 euros.

b) Tipo de licitación: importe neto: 12.631,80 euros. IVE: 2.652,68 euros. Importe total: 15.284,48 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 12 (Doc. 3) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 12 (Doc. 4) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: rexistro xeral.

2º. Domicilio: praza Maior núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es .

d) Prazo de vinculación da oferta: tres (3) meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, Praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade. O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 23 de abril de 2015

Agustín Fernández Gallego
Alcalde