Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración, en réxime de arrendamento, sen opción de compra, de dispositivos de produción documental.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que segue:

1. Entidade adxudicadora: Academia Galega de Seguridade Pública.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Tipo e descrición do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, en réxime de arrendamento, sen opción de compra, de dispositivos de produción documental da Academia Galega de Seguridade Pública.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 41, do 2 de marzo de 2015.

4. Importe de licitación: 68.970 euros (IVE do 21 % incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 10 de abril de 2015.

b) Contratista: NEA F3 Ibérica, S.L.U. (CIF B15361348).

c) Importe de adxudicación: 62.106,88 euros (IVE do 21 % incluído).

5. Data de formalización do contrato: 15 de abril de 2015.

A Estrada, 21 de abril de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública