Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18367

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 5 de maio de 2015 polo que se fai pública a comunicación da Dirección da Compañía de Radio Televisión de Galicia que participa o plan de cobertura da Televisión de Galicia, S.A. e a Radio Galega para as eleccións locais convocadas para o 24 de maio de 2015.

Para dar cumprimento ao previsto no punto quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central (BOE núm. 74, do 28 de marzo), de interpretación do artigo 66 da LOREG no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral, a Xunta acorda a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da comunicación da Dirección da Compañía de Radio Televisión de Galicia, do 5 de maio de 2015, en relación co acordo adoptado polo Consello de Administración do día de hoxe polo que se aproba o plan de cobertura da Televisión de Galicia, S.A. e a Radio Galega para as eleccións locais convocadas para o 24 de maio de 2015 e que inclúe a previsión de debates e entrevistas que terán lugar coas forzas políticas e que emitirán ambos os medios. As entidades políticas afectadas poderán examinar a dita programación nas dependencias desta xunta electoral no prazo preclusivo dun día desde a publicación do acordo e formular as reclamacións ou os recursos que consideren pertinentes.

Este acordo publícase no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da LOREG e no punto quinto da referida Instrución 4/2011.

A Coruña, 5 de maio de 2015

Manuel Ferreiro González
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña