Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015 pola que se anuncia a licitación suxeita á regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, para a adquisición de material operativo de prevención e loita contra a contaminación do ambiente con destino ao novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, actuación 15, prevención de riscos e equipamento de emerxencias nos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma nº 25-27, 1º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 72 57.

5º. Fax: 981 54 60 28.

6º. Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22582

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.axega112.org

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o 10 de xuño de 2015 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.037.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración de material operativo, nun único lote, que se relaciona no PPT para as tarefas de prevención e loita contra a contaminación do ambiente por derramamento de hidrocarburos e produtos químicos en auga ou en terra mobilizado polo Grupo de Apoio Loxístico á Intervención nas Emerxencias baixo a coordinación do CIAE 112 Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: tres meses desde a formalización do contrato.

e) Nomenclatura: CPA: 39.00.23 CPV: 907.20.000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas. A pluralidade dos criterios de avaliación enuméranse e detállanse coas puntuacións e ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 462.809,91 €, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación: 560.000,00 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas: definitiva: 5 por cento do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: no.

b) Solvencia económica y financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do 10 de xuño de 2015.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas. Deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: r/ Roma, 25-27, 1º andar, polígono das Fontiñas.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no número 1.c) deste anuncio.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa su oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de las ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e avaliación separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar e do sobre B cos elementos da oferta que admiten unha avaliación mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de xuntas.

c) Enderezo: r/ Roma, 25-27, 3ª planta, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar en acto público. A data e hora da súa celebración comunicarase coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30.4.2015.

12. Outras informacións.

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación mediante telegrama ou fax, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, xunto coa tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e avaliación da oferta do sobre B: a apertura do sobre B realizarase en acto público e comunicarase a data e hora coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias