Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19777

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

O artigo 29 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, establece que o concurso constitúe o sistema normal de provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia.

O artigo 14.2.6 do mesmo texto legal atribúe ao/á conselleiro/a competente en materia de función pública a competencia para convocar e resolver os concursos de traslados. A dita competencia foi delegada na Dirección Xeral da Función Pública mediante a Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo).

Existindo na relación de postos de traballo vacantes dotadas orzamentariamente e cuxa provisión se considera necesaria, esta dirección xeral, en uso das competencias que ten atribuídas, logo de negociación na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal, resolve convocar concurso de traslados para a provisión dos postos de traballo vacantes que se especifican no anexo I desta resolución, de conformidade coas seguintes

BASES:

I. Requisitos para a participación.

1. Poderán participar neste concurso:

a) Os/as funcionarios/as dos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia e os/as funcionarios/as dos corpos xerais doutras administracións.

b) Os/as funcionarios/as dos corpos de Administración especial que non teñan reservados postos en exclusiva respecto dos postos abertos a «xeral/especial» que figuren no anexo I.

c) Os/as funcionarios/as dunha escala concreta respecto daqueles postos en que así se especifique no anexo I.

d) O persoal docente respecto daqueles postos en que así se especifique no anexo I.

Os/as funcionarios/as referidos/as nas letras a), b) c) e d) poderán participar sempre e cando transcorresen dous anos desde que accedesen ao posto que veñan desempeñando con carácter definitivo, agás que este se provese polo sistema de libre designación, caso en que non se exixirá permanencia. No cómputo do dito período incluirase o tempo en destino provisional por novo ingreso, de conformidade co artigo 29.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

Aos/ás funcionarios/as que accedesen a un corpo por promoción interna ou en virtude dun procedemento de integración e permanecesen no posto de traballo que desempeñaban, computaráselles o tempo de servizos prestados neste posto no corpo de procedencia para os efectos do disposto no parágrafo anterior.

e) Os/as funcionarios/as dos corpos da Administración da Xunta de Galicia ou análogos doutras administracións públicas en situación de excedencia voluntaria por interese particular, unha vez transcorrido o período mínimo de permanencia nesta situación.

f) Os/as funcionarios/as dos corpos da Administración da Xunta de Galicia ou análogos doutras administracións públicas en situación de excedencia por prestación de servizos no sector público.

g) Os/as funcionarios/as dos corpos da Administración da Xunta de Galicia ou análogos doutras administracións públicas en situación de excedencia por violencia de xénero.

2. Están obrigados a participar neste concurso:

a) Os/as funcionarios/as dos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia, reingresados con carácter provisional desde a situación de excedencia, que deberán solicitar, polo menos, todos os postos ofertados na localidade en que estivesen adscritos/as provisionalmente (artigo 61.3 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia).

b) Os/as funcionarios/as dos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia que se encontren á disposición do/a conselleiro/a ou adscritos/as provisionalmente por remoción dun posto de libre designación, que deberán solicitar, á súa elección, polo menos todos os postos que se oferten na última localidade en que ocupasen posto con carácter definitivo, ou ben todos os postos que se oferten na localidade onde estivesen á disposición ou adscritos/as provisionalmente (artigo 65.4 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia).

c) Os/as funcionarios/as dos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia que se encontren á disposición do/a conselleiro/a ou adscritos/as provisionalmente por alteración do contido ou supresión do posto que ocupaban con carácter definitivo, que deberán solicitar, á súa elección, polo menos todos os postos que se oferten na última localidade en que ocupasen posto con carácter definitivo, ou ben todos os postos que se oferten na localidade onde estivesen á disposición ou adscritos/as provisionalmente (artigo 65.4 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia).

O incumprimento da obriga de participar nos termos establecidos nas letras a), b) e c) determinará a declaración na situación de excedencia voluntaria por interese particular (artigo 61.4 e 65.4 do Decreto lexislativo 1/2008).

3. Non poderán participar neste concurso os/as funcionarios/as dos corpos da administración da Xunta de Galicia ou análogos doutras Administracións públicas suspensos en firme, mentres dure a suspensión.

II. Postos ofertados.

1. Os/as interesados/as poderán solicitar por orde de preferencia os postos relacionados no anexo I, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

2. Así mesmo, os/as funcionarios/as que o desexen poderán solicitar, no prazo especialmente habilitado para este efecto, os postos que poidan resultar vacantes a consecuencia da adxudicación dos postos ofertados no anexo I. A adxudicación dun posto a resultas está condicionada a que o solicitante non obteña ningún dos postos convocados no anexo I e a que o dito posto sexa de necesaria cobertura.

Os/as funcionarios/as só poderán ser adxudicatarios/as dos postos para cuxo desempeño reúnan os requisitos establecidos na correspondente relación de postos de traballo.

3. Os/as interesados/as en participar na convocatoria deberán posuír os requisitos especificados no anexo I desta resolución para desempeñar a vacante á cal pretenden acceder.

III. Valoración de méritos.

A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

1. Antigüidade (servizos prestados nas administracións públicas):

Por cada ano de servizos ou fracción superior a 6 meses como funcionario/a: 0,15 puntos.

A puntuación máxima na base III.1 será de 5,5 puntos.

Para estes efectos computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.

2. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo:

Os méritos que se especifiquen para cada posto de traballo no anexo I desta resolución valoraranse da seguinte forma:

a) Por estar en posesión do permiso de conducir B: 0,80 puntos.

b) Por estar en posesión da titulación académica que especificamente se menciona: 1,5 puntos. No caso de que se mencionen máis dunha titulación, só se valorará unha.

c) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses da experiencia que se especifique adquirida coa condición de funcionario/a: 0,20 puntos.

d) Por posuír os coñecementos que se especifiquen, acreditados mediante a asistencia a cursos:

– Por cada curso de duración igual ou superior a 12 horas lectivas e ata 40 horas lectivas: 0,20 puntos.

– Por cada curso de duración superior a 40 horas lectivas e igual ou inferior a 75 horas lectivas: 0,40 puntos.

– Por cada curso de duración superior a 75 horas lectivas e igual ou inferior a 100 horas lectivas: 0,80 puntos.

– Por cada curso de duración superior a 100 horas lectivas: 1 punto.

De non especificarse o curso en concreto no anexo I, só se terán en conta aqueles organizados e impartidos directamente polos organismos relacionados na base III.5.

Non se valorará:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

– As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

– Os cursos de doutoramento.

– Os módulos ou partes integrantes dun curso.

A puntuación máxima na base III.2 será de 3 puntos.

3. Grao persoal recoñecido.

Polo nivel 10 de grao recoñecido: 1 punto.

Por cada unidade de nivel que exceda de 10: 0,15 puntos.

A puntuación máxima na base III.3 será de 4 puntos.

No suposto en que os/as funcionarios/as non teñan recoñecido ningún grao persoal ou este sexa inferior a 10 computarase, para os efectos de puntuación nesta epígrafe, o nivel mínimo correspondente ao intervalo de niveis do grupo a que pertenza o funcionario.

4. Traballo desenvolvido, tempo transcorrido desde o último posto obtido con carácter definitivo e medidas de conciliación e de igualdade de xénero:

4.1. Traballo desenvolvido:

4.1.1. Só se computará o traballo desenvolvido coa condición de funcionario/a nos distintos grupos

4.1.2. A valoración efectuarase consonte os seguintes criterios:

a) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa inferior ao posto desempeñado en máis de dous niveis: 0,40 puntos.

b) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, cando o posto desempeñado e o solicitado teñan igual nivel ou o posto solicitado sexa inferior ao posto desempeñado ata dous niveis: 0,30 puntos.

c) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa de nivel superior ao desempeñado: 0,20 puntos.

4.1.3. O traballo desenvolvido na situación de comisión de servizos puntuarase como realizado no posto de orixe do/a funcionario/a.

4.2. Tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo:

4.2.1 Polo tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo do corpo ou escala desde o que participa outorgaranse 0,15 puntos por cada ano ou fracción superior a 6 meses.

4.2.2. Exclúense da puntuación os dous anos de permanencia obrigatoria se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de concurso, e os dous primeiros anos se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de libre designación.

4.3. Medidas de conciliación e de igualdade de xénero:

4.3.1. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o posto de traballo do cónxuxe ou parella de feito sempre que o solicitante non teña destino definitivo nesa mesma localidade. Esta circunstancia xustificarase documentalmente xunto coa solicitude de participación no concurso nos termos establecidos na base IV.5.

4.3.2. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o centro de estudos en que estea matriculado un/unha ou máis fillos/as menores de doce anos, sempre que o/a solicitante non teña destino definitivo nesa mesma localidade.

Esta circunstancia xustificarase documentalmente xunto coa solicitude de participación no concurso nos termos establecidos na base IV.6.

A puntuación das alíneas 4.3.1 e 4.3.2 outorgarase con carácter alternativo e nunca acumulativo.

4.3.3. Outorgaranse 0,01 puntos por mes ou fracción de mes aos/ás funcionarios/as que estean gozando ou gozasen nos cinco anos anteriores ao remate do prazo de presentación de solicitudes unha excedencia para o coidado de fillos/as ou familiares. Esta circunstancia, de ser o/a participante funcionario/a da Administración da Xunta de Galicia incluído no ámbito de competencias da Dirección Xeral da Función Pública, apreciarase de oficio.

A puntuación da alínea 4.3.3 non poderá superar os 0,6 puntos.

A puntuación máxima da base III.4 será de 5,5 puntos.

5. Cursos de formación e perfeccionamento e titulación académica.

5.1. Cursos de formación.

Valorarase a asistencia aos cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública, Escola Galega de Administración Sanitaria, Academia Galega de Seguridade Pública, Instituto Nacional de Administración Pública, escolas oficiais de formación das restantes comunidades autónomas, universidades, Servizo Público Estatal de Emprego, Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, así como os cursos impartidos no marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas (AFEDAP) sobre as seguintes materias:

– Para todos os postos en concurso:

a) Procedemento administrativo común.

b) Seguridade e Saúde Laboral.

c) Igualdade de xénero.

d) Cursos de atención ao cidadán.

e) Protección de datos persoais.

f) Informática a nivel de usuario: internet, correo electrónico, procesador de textos, folla de cálculo, bases de datos, deseño de presentacións.

– Para os postos de xefe/a de sección:

Xefe/a de sección.

– Para os postos de xefe/a de negociado:

Xefe/a de negociado.

– Para todos os postos de xefe/a de negociado, secretaría, postos bases dos grupos A2, C1 e C2 e os postos da agrupación profesional de persoal subalterno:

Cursos de arquivo de documentación.

Así mesmo, puntuaranse os cursos dos idiomas oficiais da Unión Europea, organizados e impartidos directamente polos organismos anteriormente indicados ou polas escolas oficiais de idiomas. A puntuación máxima pola asistencia a estes cursos será de 1 punto.

Os cursos valoraranse conforme os seguinte criterios:

– Por cada curso de duración igual ou superior a 12 horas lectivas e ata 40 horas lectivas: 0,20 puntos.

– Por cada curso de duración superior a 40 horas lectivas e igual ou inferior a 75 horas lectivas: 0,40 puntos.

– Por cada curso de duración superior a 75 horas lectivas e igual ou inferior a 100 horas lectivas: 0,80 puntos.

– Por cada curso de duración superior a 100 horas lectivas: 1 punto.

Non se valorará:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

– As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

– Os cursos de doutoramento.

– Os módulos ou partes integrantes dun curso.

– Os cursos valorados na base III.2.

A puntuación máxima da base III.5.1 será de 3 puntos.

5.2. Titulación académica.

– Graduado en ESO ou equivalente: 0,20 puntos.

– Bacharel ou equivalente: 0,40 puntos.

– Diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou equivalente: 0,60  puntos.

– Licenciado universitario, enxeñeiro, arquitecto, grao ou equivalente: 0,80 puntos.

– Título de doutor: 1 punto.

A puntuación máxima da base III.5.2. será de 1 punto.

Valorarase unha soa titulación académica, sempre que sexa distinta á requirida para o ingreso ao corpo desde o que se concurse, e sexa de igual ou superior nivel académico.

Para os efectos de equivalencia de titulación só se admitirán as establecidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte con carácter xeral e válidas para todos os efectos, sempre que se indique expresamente a disposición en que se establece a equivalencia e o BOE en que se publica.

A puntuación máxima da base III.5 será de 4 puntos.

6. Grao de coñecemento do idioma galego.

a) Curso de Celga 3 ou equivalente: 0,75 puntos.

b) Curso de Celga 4 ou equivalente: 1,50 puntos.

c) Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas ou Celga 5: 2,25 puntos.

d) Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: 3 puntos.

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

Só se lle concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, aos cursos, estudos ou titulacións homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística.

O coñecemento do idioma galego só será obxecto de valoración nesta epígrafe.

A puntuación máxima da base III.6 será de 3 puntos.

7. Polo grupo a que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso outorgaranse os seguintes puntos:

– Subgrupo A1: 5 puntos.

– Subgrupo A2: 4 puntos.

– Subgrupo C1: 3 puntos.

– Subgrupo C2: 2 punto.

– Agrupación profesional de persoal subalterno: 1 punto.

8. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo anterior.

Todos os méritos recollidos na base III computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias.

En caso de empate nas puntuacións acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados seguindo a orde establecida nas diferentes epígrafes desta base.

De persistir o empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, e de ser igual, polo segundo, a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día 29 de xaneiro do 2015 (DOG núm. 28, do 11 de febreiro). En último lugar o empate dirimirase por sorteo entre os implicados.

9. A puntuación mínima para poder adxudicar os postos que se ofertan nesta convocatoria é a que para cada un deles se especifica no anexo I.

IV. Solicitudes de participación no concurso e documentación que se lle debe xuntar.

1. As solicitudes para tomar parte neste concurso dirixiranse ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda. O modelo de solicitude estará á disposición de todos/as os/as que desexen participar no concurso na páxina web da Xunta de Galicia (http://funcionpublica.xunta.es) . Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, os/as aspirantes deberán cubrir todos os datos que aparecen en pantalla e posteriormente validalos e confirmalos.

Cada aspirante a participar no concurso de traslados poderá presentar unha única solicitude.

A solicitude deberá presentarse desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o día 8 de xuño de 2015, nos rexistros xerais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas xefaturas territoriais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Os/as funcionarios/as doutras administracións deberán achegar xunto coa súa solicitude de participación:

a) Certificación emitida pola Administración de pertenza que acredite a situación administrativa desde a que participan.

b) Copia compulsada do Celga ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

3. Na instancia faranse constar, por orde de preferencia, as vacantes incluídas no anexo I para as que reúnan os requisitos exixidos para o seu desempeño. No caso de non estaren interesados en ningún dos postos relacionados, farán constar os seus datos persoais e administrativos para os efectos de poder solicitar posteriormente os postos vacantes a resultas.

4. Os/as funcionarios/as con algunha discapacidade poderán pedir na súa solicitude a adaptación do posto ou postos de traballo solicitados. Á solicitude deberase xuntar un informe, expedido polo órgano competente na materia, que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuído o posto ou os postos solicitados (artigo 10 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro).

5. Para os efectos previstos na base III.4.3.1, os/as funcionarios/as que non teñan destino definitivo na mesma localidade que o seu cónxuxe ou parella de feito e que soliciten postos relacionados no anexo I ou teñan previsto solicitar na fase de resultas postos situados nesta última, deberán achegar xunto coa solicitude de participación:

a) Certificado de matrimonio ou acreditación de ser parella de feito.

b.1) Administracións públicas:

Certificado expedido polo/a xefe/a de persoal do centro directivo onde o cónxuxe ou parella de feito preste servizos no cal conste que este/a é empregado/a público/a, o posto que ocupa e a localidade onde o posto radique (anexo II).

b.2) Empresas privadas:

Certificado de vida laboral e contrato de traballo por conta allea en vigor cun mínimo de tres meses de antelación á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

b.3) Autónomos.

Certificado de vida laboral e documento de alta no réxime de autónomos da Seguridade Social con efectos dun mínimo de tres meses de antelación á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

6. Para os efectos previstos na base III.4.3.2, os/as funcionarios/as que non teñan destino definitivo na mesma localidade en que radique o centro de estudos dos/as fillos/as menores de doce anos e que soliciten postos relacionados no anexo I ou teñan previsto solicitar na fase de resultas postos situados nesta última, deberán achegar xunto coa solicitude de participación:

a) Certificado de nacemento do/a fillo/a menor de 12 anos ou fotocopia compulsada do libro de familia.

b) Certificado acreditativo da matrícula durante o curso escolar 2014/15.

7. No suposto de estar interesados/as nos postos dunha mesma localidade que se anuncian neste concurso dous/dúas funcionarios/as, poderán condicionar a súa petición por razóns de convivencia familiar ao feito de que ambos/as os/as dous/dúas obteñan destino neste concurso e na mesma localidade, entendéndose en caso contrario anuladas as peticións efectuadas por ambos/as os/as dous/dúas. Os/as concursantes que se acollan a esta petición condicional deberán facelo constar na súa solicitude e xuntar unha fotocopia da petición do/a outro/a.

8. As solicitudes vincularán aos solicitantes unha vez finalizado o prazo de presentación destas.

Poderase renunciar a participar no concurso nos vinte días seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista definitiva de admitidos e excluídos. Unha vez transcorrido o dito prazo non se admitirá ningunha renuncia á participación agás erro manifesto do solicitante apreciado pola Administración.

9. Todo o proceso correspondente a este concurso poderá consultarse a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia (http://funcionpublica.xunta.es) .

V. Solicitudes de participación na fase de resultas.

O día 22 de xuño de 2015 publicarase na páxina web da Xunta de Galicia (http://funcionpublica.xunta.es) a relación de postos cuxo sistema de provisión fose o concurso e que estivesen ocupados con carácter definitivo polos/as concursantes que formalizaron telematicamente solicitude de participación optando a postos relacionados no anexo I.

Os/as funcionarios/as que previamente presentaron instancia de participación no concurso poderán solicitar os ditos postos utilizando o modelo que estará á súa disposición na páxina web da Xunta de Galicia (http://funcionpublica.xunta.es) . Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, os/as aspirantes deberán cubrir todos os datos que aparecen en pantalla e, posteriormente, validalos e confirmalos.

A solicitude deberá presentarse ata o día 3 de xullo de 2015, nos rexistros xerais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas xefaturas territoriais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes vincularán os solicitantes unha vez finalizado o seu prazo de presentación.

Lémbrase que consonte o establecido na base II.2 a adxudicación dun posto a resultas está condicionada a que o solicitante non obteña ningún dos postos convocados no anexo I e a que o dito posto sexa de necesaria cobertura.

VI. Xustificación da posesión de méritos e requisitos.

1. Os méritos e os requisitos específicos para o acceso aos postos deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de instancias, isto é, o día 8 de xuño de 2015.

2. O procedemento para a xustificación destes méritos e requisitos será o seguinte:

2.1. Funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública remitiralles aos/as participantes no concurso de traslados unha clave para consultar os datos que figuran no seu expediente no Rexistro Central de Persoal (RCP). Este envío efectuarase ao teléfono móbil ou correo electrónico sinalado polo interesado/a na solicitude de participación no concurso.

Se chegado o día 25 de xuño de 2015 algún/algunha interesado/a non recibiu a clave, a partir do día seguinte poderá dirixirse á Dirección Xeral da Función Pública mediante fax, solicitando o seu envío con indicación do número do teléfono móbil ou enderezo de correo electrónico achegando copia da solicitude en que conste a presentación desta en calquera dos lugares consignados na alínea IV.1.

Do 4 de xullo de 2015 ata o 24 de xullo de 2015 actuarán do seguinte xeito:

No suposto de estar conforme cos datos consultados, o/a interesado/a validaraos asinando o impreso de conformidade que encontrará na páxina web sinalada e remitirao á Dirección Xeral da Función Pública.

No suposto de desconformidade con algún dos datos porque se considere que son erróneos ou están incompletos, o/a interesado/a deberá formalizar o impreso de emenda que encontrará na páxina web. Este documento deberá ser presentado nas unidades que a seguir se relacionan:

– Servizos centrais: secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou ente público instrumental.

– Servizos periféricos: xefes/as territoriais, funcionarios/as responsables da área de persoal das xefaturas territoriais, delegacións ou ente público instrumental respectivo.

O/a interesado/a xuntará a documentación xustificativa das modificacións que propón para que as unidades sinaladas emitan certificación segundo o modelo que estableza a Dirección Xeral da Función Pública, validando, de estimalo procedente, as correccións realizadas.

O prazo para expedir esta certificación será do 4 de xullo de 2015 ata o18 de setembro de 2015.

Unha vez expedida a certificación, o/a interesado/a deberá asinala e remitila á Dirección Xeral da Función Pública. No caso de que a certificación non se emitise en prazo por causas alleas ao/á concursante, este/a presentará xustificación documental de tela solicitado oportunamente. A certificación, ou a xustificación de tela solicitado, deberá presentase ata o día 24 de setembro de 2015.

2.2. Funcionarios doutras administracións públicas e persoal docente da Administración da Xunta de Galicia:

A Dirección Xeral da Función Pública remitiralles aos participantes no concurso de traslados ao teléfono móbil ou ao correo electrónico sinalado na solicitude de participación unha clave para poder ter acceso á xeración do seu impreso de emenda.

Se chegado o día 25 de xuño de 2015 algún/algunha interesado/a non recibiu a clave, a partir do día seguinte poderá dirixirse á Dirección Xeral da Función Pública mediante fax, para solicitar o seu envío con indicación do número do teléfono móbil ou enderezo de correo electrónico achegando copia da solicitude en que conste a presentación desta en calquera dos lugares consignados na alínea IV.1.

Do 4 de xullo de 2015 ao 24 de xullo de 2015 actuarán do seguinte xeito:

Os participantes deberán acceder á páxina web (http://funcionpublica.xunta.es) e cubrir o impreso de emenda cos seus datos persoais e administrativos.

Este impreso, que deberá reflectir todos os méritos e requisitos específicos de acceso que o concursante pretenda facer valer, remitirase á Dirección Xeral da Función Pública xunto cos documentos acreditativos debidamente cotexados.

A Dirección Xeral da Función Pública desde o 4 de xullo de 2015 ata o 18 de setembro de 2015 validará aqueles méritos que estean debidamente acreditados e remitiralle ao interesado a certificación.

O/a participante no concurso deberá asinar e remitir a certificación orixinal á Dirección Xeral da Función Pública. No caso de que a certificación non se emitise en prazo por causas alleas ao/á concursante, este/a presentará xustificación documental de tela solicitado oportunamente. A certificación, ou a xustificación de tela solicitado, deberá presentase ata o día 24 de setembro de 2015.

3. Os datos reflectidos no impreso de conformidade ou na certificación serán os que teña en conta a comisión de valoración do concurso para a adxudicación dos postos de traballo solicitados. Calquera dato omitido polo/a interesado/a non poderá ser invocado por este/a para os efectos de futuras reclamacións, nin considerar por tal motivo lesionados os seus intereses e/ou dereitos.

4. Calquera impreso de conformidade ou certificación que non reúna os requisitos ou que fose enviado polo/a interesado/a fóra do prazo establecido terase por non presentado, agás no suposto establecido no último parágrafo dos números 2.1 e 2.2.

VII. Listaxe de admitidos e excluídos.

1. Expirados os prazos de presentación de instancias de participación no concurso e de solicitudes de postos a resultas, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia na cal se declararán aprobadas as listas de admitidos/as e excluídos/as con indicación do lugar en que estarán á disposición dos/as interesados/as.

2. Os/as excluídos/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivase a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición dos interesados/as na páxina web da Xunta de Galicia (http://funcionpublica.xunta.es) , e deberá presentarse no Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas xefaturas territoriais e oficinas comarcais da dita consellería, ou nos demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso Contencioso-Administrativo ante o Xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

VIII. Comisión de valoración.

1. A valoración dos méritos alegados polos/as concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada pola comisión de valoración que prevé o artigo 12 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, coa composición establecida nel. Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e será nomeada polo órgano convocante. Os acordos da comisión adoptaranse por maioría dos seus membros.

2. A comisión poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores, para aquelas tarefas que o requiran, procedendo o órgano convocante ao seu nomeamento.

3. A proposta de adxudicación dos postos de traballo ofertados recaerá, en todo caso, sobre o/a concursante que obtivese maior puntuación conforme o baremo establecido na base III, así como, se é o caso, conforme os criterios de desempate fixados na base III.8.

4. Unha vez efectuada a proposta de valoración provisional dos méritos farase pública no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra a dita resolución os/as concursantes poderán formular as oportunas reclamacións no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do seguinte ao da publicación.

As reclamacións dirixiranse a Dirección Xeral da Función Pública e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas xefaturas territoriais, nas oficinas comarcais da dita consellería, ou nos demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O formulario de reclamación estará á disposición dos interesados na páxina web da Xunta de Galicia (http://funcionpublica.xunta.es) .

5. Examinadas e resoltas pola comisión as reclamacións presentadas, elevarase proposta definitiva de resolución do concurso.

A convocatoria resolverase por resolución do director xeral da Función Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na cal figurarán os destinos adxudicados a cada un dos participantes.

A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos entenderanse implícitas na devandita resolución.

IX. Adxudicación de destinos.

1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos en que poderán optar entre os postos adxudicados, estando obrigados a comunicar por escrito a opción realizada á Dirección Xeral da Función Pública no prazo de tres días.

2. Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios; en consecuencia, non xerarán dereito á indemnización.

X. Toma de posesión.

A toma de posesión en todos os postos adxudicados como consecuencia da realización do presente concurso efectuarase a partir da data que se faga constar na resolución deste, desde a que se iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 24 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

XI. Recursos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta mesma dirección xeral, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Relación de concellos

CODIGO

CONCELLO

15001

A CORUÑA

15010

ABEGONDO

15020

AMES

15050

ARTEIXO

15070

A BAÑA

15080

BERGONDO

15090

BETANZOS

15110

BOIRO

15120

BOQUEIXÓN

15170

CAMBRE

15190

CARBALLO

15200

CARNOTA

15220

CEDEIRA

15230

CEE

15300

CULLEREDO

15310

CURTIS

15350

FERROL

15360

FISTERRA

15390

LAXE

15400

LARACHA

15420

MALPICA DE BERGANT.

15440

MAZARICOS

15450

MELIDE

15460

MESÍA

15510

MUXÍA

15520

MUROS

15530

NARÓN

15550

NEGREIRA

15560

NOIA

15570

OLEIROS

15580

ORDES

15600

ORTIGUEIRA

15610

OUTES

15614

CARIÑO

15640

PADRÓN

15660

POBRA DO CARAMIÑAL

15670

PONTECESO

15690

AS PONTES

15700

PORTO DO SON

15710

RIANXO

15720

RIBEIRA

15740

SADA

15760

SANTA COMBA

15770

SANTIAGO DE COMPOSTELA

15850

TRAZO

15870

VAL DO DUBRA

15880

VEDRA

15910

VIMIANZO

15920

ZAS

27001

LUGO

27060

BECERREA

27085

BURELA

27120

CERVANTES

27130

CERVO

27160

CHANTADA

27170

FOLGOSO DO COUREL

27180

A FONSAGRADA

27220

GUITIRIZ

27230

GUNTÍN

27250

XOVE

27280

MEIRA

27290

MONDOÑEDO

27300

MONFORTE DE LEMOS

27470

A PONTENOVA

27500

RIBADEO

27550

RABADE

27640

VILALBA

27650

VIVEIRO

32001

OURENSE

32060

BANDE

32090

O BARCO DE VALDEORRAS

32190

O CARBALLIÑO

32230

CASTRO CALDELAS

32240

CELANOVA

32320

XINZO DE LIMIA

32420

LOBIOS

32620

POBRA DE TRIVES

32680

RIBADAVIA

32700

A RÚA

32840

VERÍN

32850

VIANA DO BOLO

36001

PONTEVEDRA

36030

BAIONA

36040

BUEU

36050

CALDAS DE REIS

36060

CAMBADOS

36080

CANGAS

36170

A ESTRADA

36235

A ILLA DE AROUSA

36240

LALÍN

36260

MARÍN

36270

MEAÑO

36290

MOAÑA

36340

AS NEVES

36350

NIGRAN

36380

O PORRIÑO

36390

PORTAS

36400

POIO

36420

PONTEAREAS

36440

REDONDELA

36470

O ROSAL

36480

SALCEDA DE CASELAS

36490

SALVATERRA DE MIÑO

36500

SANXENXO

36510

SILLEDA

36530

TOMIÑO

36540

TUI

36550

VALGA

36560

VIGO

36590

VILAGARCÍA DE AROUSA

36600

VILANOVA DE AROUSA

Relación de formación específicas

CODIGO

DESCRICIÓN

005

EXPERIENCIA EN CONTRATACIÓN (MÉRITO).

007

EXPERIENCIA EN XESTIÓN ORZAMENTARIA (MÉRITO).

009

EXPERIENCIA EN XESTIÓN ECONÓMICA (MÉRITO).

011

EXPERIENCIA EN ELABORACIÓN DE ORZAMENTOS, TRAMITACIÓN E EXECUCIÓN ORZAMENTARIA (MÉRITO).

020

COÑECEMENTOS INFORMÁTICA NIVEL USUARIO (MÉRITO).

030

COÑECEMENTOS INGLÉS (MÉRITO).

031

COÑECEMENTOS DE PORTUGÜÉS (MÉRITO).

032

COÑECEMENTOS FRANCÉS (MÉRITO).

034

COÑECEMENTO DE IDIOMAS (MÉRITO).

058

COÑECEMENTOS URBANISMO (MÉRITO).

061

EXPERIENCIA TRANSPORTES TERRESTRES (MÉRITO).

069

EXPERIENCIA EN XESTIÓN DE PERSOAL (MÉRITO).

073

EXPERIENCIA XESTIÓN ECONÓMICO-ADMINISTRATIVA (MÉRITO).

151

COÑECEMENTOS OUTROS IDIOMAS COMUNITARIOS (MÉRITO).

167

PERTENZA ÁS ESCALAS DE FINANZAS OU EXPERIENCIA EN MATERIA ECONÓMICO-FINANCEIRA (3 ANOS) (R.I.).

168

CARNÉ DE CONDUCIR B1 (MÉRITO).

187

EXPERIENCIA EN CONTABILIDADE PÚBLICA (MÉRITO).

195

EXPERIENCIA EN MATERIA ECONÓMICO-FINANCEIRA (MÉRITO).

197

EXPERIENCIA EN MATERIA TRIBUTARIA (MÉRITO).

240

CURSO DE INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS (R.I.).

241

EXPERIENCIA EN MATERIA DE INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS (MÉRITO).

264

EXPERIENCIA EN ESTUDO E PREPARACIÓN DE PROPOSTAS DE RECURSOS E RECLAMACIÓNS (MÉRITO).

293

EXPERIENCIA EN FORMACIÓN OCUPACIONAL (MÉRITO).

307

FORMACIÓN EN XESTIÓN ECONÓMICA (MÉRITO).

308

FORMACIÓN EN CONTRATACIÓN (MÉRITO).

316

COÑECEMENTOS EN MATERIA TRIBUTARIA (MÉRITO).

337

COÑECEMENTOS XESTIÓN ECONÓMICA (MÉRITO).

339

COÑECEMENTOS EN XESTIÓN DE PERSOAL (MÉRITO).

381

TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, ESPECIALIDADE SEGURIDADE DO TRABALLO (MÉRITO).

382

TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, ESPECIALIDADE HIXIENE INDUSTRIAL (MÉRITO).

383

TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, ESPECIALIDADE ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLOXÍA APLICADA (MÉRITO).

389

TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, ESPECIALIDADE HIXIENE INDUSTRIAL (R.I.).

391

TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, ESPECIALIDADE ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLOXÍA APLICADA (R.I.).

394

TÉCNICO DE NIVEL SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NAS SÚAS TRES ESPECIALIDADES: SEGURIDADE NO TRABALLO, HIXIENE INDUSTRIAL E ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLOXÍA APLICADA (R.I.).

460

FILOLOXÍA GALEGA (MÉRITO).

461

FILOLOXÍA HISPÁNICA (GALAICO-PORTUGUESA) (MÉRITO).

462

MESTRE (COA HABILITACIÓN DE LINGUA GALEGA, ORDE DO 25.11.1997, DOG Nº 246) (MÉRITO).

497

LCDO. EN ECONÓMICAS (MÉRITO).

501

LCDO. DEREITO (MÉRITO)

506

LCDO. EN ECONÓMICAS/EMPRESARIAIS (MÉRITO).

516

ARQUITECTO TÉCNICO (MÉRITO)

518

ENXEÑEIRO TÉCNICO (MÉRITO).

531

LCDO. EN BIOLÓXICAS/CIENCIAS DO MAR (MÉRITO).

533

DIPLOMATURA EN RELACIÓNS LABORAIS (MÉRITO).

548

FORMACIÓN NA TRAMITACIÓN DE REDACCIÓN DE PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN (MÉRITO).

549

FORMACIÓN NA TRAMITACIÓN DE RECLAMACIÓNS E PROCEDEMENTOS SANCIONADORES (MÉRITO).

567

EXPERIENCIA EN CONTABILIDADE DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO E FUNDACIÓNS (MÉRITO).

568

EXPERIENCIA NO FUNCIONAMENTO DO REXISTRO DE FUNDACIÓNS E AS SÚAS APLICACIÓNS INFORMÁTICAS (MÉRITO).

628

EXPERIENCIA NA TRAMITACIÓN DE RECLAMACIÓNS E SANCIÓNS (MÉRITO).

640

PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.).

641

PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE INICIACIÓN DE GALEGO (R.I.).

649

EXPERIENCIA EN TRADUCIÓN ENTRE GALEGO E CASTELÁN (MÉRITO).

650

EXPERIENCIA MÍNIMA DE DOUS ANOS EN SERVIZOS OFICIAIS DE TRADUCIÓN (MÉRITO).

713

CURSO DE FORMACIÓN DE FUNCIONARIOS DA CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA PARA O RECOÑECEMENTO DAS ESPECIES, ARTES E INSTALACIÓNS OBXECTO DE PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS POR INSTANCIA DE PARTE (MÉRITO).

839

EXPERIENCIA EN XESTIÓN E CONTROL DE FONDOS COMUNITARIOS (MÉRITO).

844

CURSOS SOBRE FONDOS COMUNITARIOS (MÉRITO).

868

EXPERIENCIA NA CONTABILIZACIÓN DOS PAGAMENTOS FEOGA-GARANTÍA (MÉRITO).

916

COÑECEMENTOS XESTIÓN ORZAMENTARIA (MÉRITO).

930

EXPERIENCIA EN PROGRAMACIÓN/AVALIACIÓN/SEGUIMENTO/INSTRUMENTACIÓN DE MÉTODOS E INDICADORES DE FONDOS E POLÍTICAS COMUNITARIAS (MÉRITO).

932

EXPERIENCIA EN XESTIÓN E/OU CONTROL DE FONDOS COMUNITARIOS (MÉRITO).

954

PERMISO DE CONDUCIR B (R.I.).

ANEXO II

Certificación do posto

Nome do/da funcionario/a que certifica

Cargo

CERTIFICO: que segundo os antecedentes que constan neste centro directivo, e á vista da documentación presentada polo/a funcionario/a:

D./Dª_______________________________________DNI ________________, ten acreditados os seguintes datos administrativos:

NRP

Corpo/escala

Grupo

Administración (xeral/especial)

Situación administrativa

(1)

Data do paso á situación administrativa

Posto de traballo

Data de toma de posesión

Forma de provisión

Núm. Código do posto

Unidade orgánica da que depende

Consellería

Localidade

Provincia

Administración á que pertence o posto: Xunta ( ) Estado ( ) Local ( ) Outras ( )

(1) Reservado para cubrir pola Dirección Xeral da Función Pública