Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2015/8-2, 8202 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Revolta, S.A.T. e San Martiño, S.A.T.

Domicilio social: A Casanova-Noche-Vilalba.

Denominación: LMTS, CTI e RBTA para suministración eléctrica a explotacións gandeiras.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no apoio en que se sitúa o actual CTI Casanova (12255) e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 862 metros en condutor RHZ1-240 mm.

2. Centro de transformación intemperie proxectado sobre apoio de celosía, cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión aérea formada por dous circuítos, con orixe no centro de transformación proxectado e final nas CXP dos solicitantes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 1 de abril de 2015

P. A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial