Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carral (expediente IN407A 2015/107-1).

Expediente: IN407A 2015/107-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS 15 kV CT 630 kV na rúa Víctor Velasco, nº 2.

Concello: Carral.

Características técnicas:

Actuación nº 1: liña de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,052 km, coa orixe en empalmes que se realizarán na LMTS RAL-706 entre o CT Belvís de Paleo e o novo centro de transformación nº 2 proxectado, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final na LMTS RAL-706 entre o CT Belvís de Paleo e o novo CT nº 2 proxectado tras realizar entrada e saída no CT nº 1.

Actuación nº 2: liña de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,004 km, coa orixe en empalmes que se realizará na LMTS RAL-706 entre o CT Víctor Velasco nº 9 e novo centro de transformación nº 1 proxectado, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 1×240 mm2 Al, e final na LMTS RAL-706 entre o CT Víctor Velasco nº 9, e o novo CT nº 1 proxectado tras realizar entrada e saída no CT nº 2.

Centros de transformación non prefabricados, cunha potencia de 630 kVA, cada un, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 27 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña