Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de acondicionamento do patio entre a nave e o edificio de cóengos da catedral de San Martiño de Ourense, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21731

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 242, do 18 de decembro de 2014.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: obras.

Descrición: obras de acondicionamento do patio entre a nave e o edificio de cóengos da catedral de San Martiño de Ourense, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 286.790,00, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 22 de abril de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 30 de abril de 2015.

c) Contratista: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A.

d) Importe de adxudicación: 242.050,76 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria