Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015029TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 25 de marzo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2015029TA-OU a Arcos López, Sergio Antonio, encargado da cafetería O Paseo, CIF 76714054S, con domicilio no Paseo do Malecón, 23, baixo, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Arcos López, Sergio Antonio, encargado da cafetería O Paseo, CIF 76714054S, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 30 de abril de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 2015029TA-OU.

Denunciado: Arcos López, Sergio Antonio, encargado da Cafetería O Paseo.

DNI/NIF/CIF: CIF 76714054S.

Último enderezo coñecido: Paseo do Malecón, 23, baixo, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).