Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 7 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RA/M/2014/00295 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– NCG Novagalicia Banco.

– BBVA: transacción 1316, NIF S1511001H.

– Banesto.

– http://www.cixtec.es/conselleria

E de non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente/caucionista

- Infración cometida

- Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

XC-03143-O-2012

RA/M/2014/00295

0304-BSC/R-1249-BBG

Garda Civil 1501 I-92933-X

Gaesco, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro nos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

9.10.2012; 17.09; CP-1914; 8,000

Art. 140.35 LOTT

1.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-01762-O-2013

RA/M/2014/00324

V-8739-FF/P-01563-R

Garda Civil 1503 N-41519-R

Transportes Arrive IS S-20, S.L.

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

7.3.2013; 3.00; N-VI; 578,500

Art. 140.1 LOTT

4.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

OU-00967-O-2012

RA/M/2014/00587

3124-DGL/R-4050-BBX

Guardia Civil 3201 L-82181-K

Logística de Villabrazaro, S.L.

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obrigación de levar no vehículo.

9.6.2012; 9.05; A-52; 262

Art. 140.24 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta