Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20852

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2015 da aprobación inicial e información pública do expediente de expropiación forzosa para a obtención de solo para as obras ordinarias de urbanización no parque de San Pedro de Visma.

A Xunta de Goberno Local, con data do 23 de xaneiro de 2014, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para as obras ordinarias de urbanización no parque de San Pedro de Visma. O importe do presente proxecto de expropiación ascende a 145.024,08 € e existe crédito adecuado e suficiente con cargo á partida 30.151.600.05 do orzamento do ano 2015, código de proxecto 2014-2-30-6.

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro. Requirir os interesados titulares de bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios destes.

De conformidade co disposto no artigo 143.2 e 3 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese á información pública polo prazo dun mes para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren pertinentes.

Para estes efectos, indícase que o expediente pode consultarse durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Urbanismo (rúa do Parque-antigo Cuartel de Intendencia), de luns a venres.

A presente publicación servirá de notificación para os interesados que resulten descoñecidos ou respecto dos cales se ignore o lugar para a práctica da notificación, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei 30/1992.

A Coruña, 2 de febreiro de 2015

P.D. (Decreto 16.6.2011)
César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo

ANEXO

Nº parc.

Titular

Super.

Ref. catastral

Domicilio

1

Construcciones Atocha 2006, S.L.

365 m2

6522947NJ4062S00001PZ

R/ Atocha Alta nº 42-6º A Coruña

2

Concepción Pombo Zas

199 m2

6522977NJ4062S00001GZ

R/ Vila de Negreira nº 12-4º esqda.

2

José Pombo Zas

199 m2

6522977NJ4062S00001GZ

Lugar Bergondiño nº 55 Bergondo, A Coruña

2

Manuela Pombo Zas

199 m2

6522977NJ4062S00001GZ

R/ Caldemoreiras nº 3 baixo, A Coruña

2

Mercedes Pombo Zas

199 m2

6522977NJ4062S00001GZ

Lugar Caldemoreiras, A Coruña

3

García y Remuiñán, C.B.

388 m2

6522931NJ4062S00001IZ

Camiño da Regueira nº 5, A Coruña

4

En investigación (catastro)

167 m2

6622811NJ4062S0001IZ

Descoñecido