Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 13/2015, do 22 de xaneiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 22 de xaneiro de 2015, pronunciou a Sentenza 13/2015, ditada no procedemento ordinario 4347/2009, interposto por Francisco Castro Rey, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador José Amenedo Martínez, en nome e representación de Francisco Castro Rey, en relación coa Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 11 de marzo de 2009 sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Oleiros (A Coruña); e anulamos a aliñación contida no plan nos termos do fundamento xurídico segundo. Sen imposición das custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo