Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2015/13-2, 8207 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, Ourense.

Denominación: modificado nº 1 LMT, CT e RBT A Borquería.

Situación: concello de Becerreá.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio existente nº 18 da LMT BEC-804 e final no CT A Borquería proxectado, cunha lonxitude de 760 metros, en condutor LA-56 tensada sobre apoios metálicos e de formigón.

2. Centro de transformación intemperie A Borquería sobre apoio de formigón, cunha potencia proxectada de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Liña de baixa tensión aérea con orixe no CTI A Borquería proxectado, cunha lonxitude de 403 metros, en condutor RZ tensado sobre apoios existentes e proxectados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 7 de maio de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo