Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras correspondentes ao Plan de mantemento da muralla romana de Lugo 2015-2016 (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21788

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 5, do 9.1.2015; corrreccións de erros no DOG núm. 21, do 2.2.2015 e no DOG núm. 28, do 11.2.2015.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: obras.

Descrición: obras correspondentes ao Plan de mantemento da muralla romana de Lugo 2015-2016.

Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 611.793,94, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 7 de maio de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 12 de maio de 2015.

c) Contratista: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A.

d) Importe de adxudicación: 529.813,55 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria