Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de maio de 2015, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, polo que se require documentación á Sociedade Cooperativa Galega de Maceira, en relación ás axudas a actividades formativas e de transferencia tecnolóxica, nas convocatorias correspondentes aos anos 2010, 2012 e 2013.

A Sociedade Cooperativa Galega de Maceira foi beneficiaria das axudas reguladas nas seguintes ordes: Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, e se convocan para o ano 2010, a Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, convocadas en concorrencia competitiva e se convocan as axudas para o ano 2012, e por último a Orde do 20 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

Segundo o disposto nos artigos 11.c) e g) e 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 13.1.d) da Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión destas axudas, que afectan o expediente AF e TT 2010/50; nos artigos 11.c) e g) e 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia así como no artigo 13.1.d) da Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, modificada pola Orde de convocatoria da axuda do 27 de decembro de 2011, que afectan o expediente AF e TT 2012/77; e por último nos artigos 11.c) e g) e 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 15.1.d) da Orde do 20 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión destas axudas, que afectan o expediente AF e TT 2013/17, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar certificación de que os alumnos que solicitaron asistencia aos cursos (artigo 13.2.d) da orde de convocatoria do 2010 e 2012 e o artigo 15.2.d) da orde de convocatoria do 2013), se corresponden co recollido no artigo 1 da orde de convocatoria, especificando, para cada un deles, se se trata de socio, empregado ou directivo da cooperativa, e referido ao ano de realización de cada curso.

Intentada sen éxito a notificación do requirimento para que presente as citadas certificacións a través do servizo de Correos, notifícase á sociedade interesada o requirimento de documentación que figura nos anexos deste anuncio, no que se especifican as convocatorias nas que foi beneficiario e a documentación que se require.

A interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte a súa publicación, para achegar os documentos requiridos, de conformidade co disposto no artigo 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Poderase achegar por calquera dos medios previstos na devandita lei e dirixiraos ao Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatística e Publicacións, con enderezo na avenida do Camiño Francés, número 10 soto, CP 15703 Santiago de Compostela.

Infórmase, así mesmo, a interesada, que constitúe unha causa de reintegro da subvención a negativa ou obstrución aos labores de comprobación previstas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dados aos fondos percibidos, de acordo co artigo 33 da citada lei.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO I

Convocatoria: Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, e se convocan para o ano 2010.

Expediente: AF e TT 2010/50.

Documentación requirida: certificación de que os alumnos que solicitaron asistencia aos cursos (artigo 13.2.d) da orde de convocatoria), se corresponden co recollido no artigo 1 da orde de convocatoria, especificando, para cada un deles, se se trata de socio, empregado ou directivo da cooperativa e referido ao ano de realización de cada curso.

Nome do curso: Biomasa como enerxía alternativa.

Realizado: do 18 ao 24 de maio de 2010.

Nome do curso: Informática aplicada á xestión agraria.

Realizado: do 26 de maio ao 2 de xuño de 2010.

ANEXO II

Convocatoria: Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, convocadas en concorrencia competitiva e se convocan as axudas para o ano 2012.

Expediente: AF e TT 2012/77.

Documentación requirida: certificación de que os alumnos que solicitaron asistencia aos cursos (artigo 13.2.d) da orde de convocatoria), se corresponden co recollido no artigo 1 da orde de convocatoria, especificando, para cada un deles, que se se trata de socio, empregado ou directivo da cooperativa e referido ao ano de realización de cada curso.

Nome do curso: Enerxías renovables aplicadas ao sector agrario: a enerxía solar, térmica e fotovoltaica.

Realizado: do 20 ao 26 de xuño de 2012

Nome do curso: Aplicacións informáticas para a xestión de explotacións agrarias.

Realizado: do 6 ao 13 de xuño de 2012.

ANEXO III

Convocatoria: Orde do 20 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de ayudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

Expediente: AF e TT 2013/17.

Documentación requirida: certificación de que os alumnos que solicitaron asistencia aos cursos (artigo 15.2.d) da orde de convocatoria), se corresponden co recollido no artigo 1 da orde de convocatoria, especificando, para cada un deles, se se trata de socio, empregado ou directivo da cooperativa e referido ao ano de realización de cada curso.

Nome do curso: Calidade alimentaria aplicada ao sector agrario: ISO22000:2005.

Realizado: do 18 ao 26 de outubro de 2013.

Nome do curso: Xestión de documentación económico administrativa aplicada ao sector agrario.

Realizado: do 28 de outubro ao 2 de novembro de 2013.