Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20876

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

A Resolución do 31 de decembro de 2014, que regula as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, publicada no DOG nº 29, do 12 de febreiro de 2015, establece as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión destas subvencións.

O artigo 2 desta resolución establece a contía inicial dos créditos destinados a financiar estas axudas, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. Así, ao existir crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.1, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados.

Polo exposto e tendo en conta as áreas de competencia adscritas funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, artigo único, punto 3 e disposición transitoria segunda do Decreto 12/2012, do 4 de xaneiro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 31 de decembro de 2014 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión en 540.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.1, de forma que o importe total será de 1.675.000,00 euros.

Segundo. A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2015

Mª del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios