Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20997

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de licitación da xestión do servizo de axuda no fogar.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión do servizo público de axuda no fogar.

b) Lugar de actuación: termo municipal de Betanzos.

c) Prazo de prestación do servizo: catro anos prorrogables por períodos dun ano, sen que a duración total, incluídas prórrogas, poida exceder dos seis anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Forma: procedemento aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 300.000,00 € anuais (IVE incluído).

a) Prezo por hora, días laborables: máximo 12 € (IVE incluído).

b) Prezo por hora, domingos e festivos: máximo 14 € (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (sen IVE).

6. Obtención de información e documentación:

a) Entidade: Concello de Betanzos. Perfil do contratante (www.betanzos.net ).

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos, 15300.

d) Teléfono: 981 77 65 25.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 12.00 horas do último día do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, segundo sexa o último publicado.

b) Documentación que cómpre presentar: a que consta no prego de cláusulas administrativas xerais.

c) Lugar de presentación: praza de Galicia, nº 1 (Edificio Liceo), Betanzos, 15300.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Betanzos (Negociado de Contratación).

b) Enderezo: praza de Galica, nº 1 (Edificio Liceo), 15300 Betanzos.

c) Data: quinto día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de proposicións; de rematar en sábado, pasará ao luns.

d) Hora: ás 12.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta da empresa adxudicataria.

Betanzos, 29 de abril de 2015

José Ramón García Vázquez
Alcalde