Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 21000

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle (631/39/2014).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 17 de abril de 2015, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes na parcela sita na rúa Burdeos, 30, na Zapateira, A Coruña, presentado o 28 de xaneiro de 2015 coa corrección introducida o 30 de marzo de 2015, e promovido por Jesús Fernández Gómez.

En cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o estudo de detalle sométese á información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou na prensa local, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle poderase consultar no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, así como na páxina web do concello www.coruna.es/urbanismo , nas epígrafes de «Exposición pública de expedientes» ou no visor web «Tramitación. Estado de tramitación do planeamento de desenvolvemento».

A Coruña, 28 de abril de 2015

P.D. (Decreto do 16.6.2011)
César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo