Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21755

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico 2015/001.CONV.

Nas dependencias municipais do Concello de Arteixo asinouse con data do 19 de marzo de 2015, con Celia Varela Vázquez o texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento para a obtención de terreos dotacionais públicos destinados a vías no ámbito da UA-35.

De acordo co establecido polo artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de vinte (20) días mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o dito período, o texto do convenio subscrito estará á disposición do público en xeral, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no Departamento de Urbanismo, e os sábados no Departamento de Información e Rexistro, das 9.30 ás 13.30 horas.

Arteixo, 23 de abril de 2015

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo