Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22045

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Emerxencias, pola que se acorda outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos distintos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de policía local de Galicia pode ser distinguido ou recompensado de acordo co que se determine regulamentariamente.

Deste xeito o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, de desenvolvemento de devandita lei, determina no seu artigo 89 as modalidades de distincións; na alínea c) figura o distintivo de permanencia, a que se refire tamén o número 3 do artigo 90, cando expresa que este distintivo se entregará aos policías locais, calquera que sexa a súa categoría, cando se cumpran os requisitos de permanencia e de traxectoria profesional exixidos para a súa concesión.

O mesmo Decreto 243/2008, no seu artigo 93.1, establece que o distintivo de permanencia se entregará anualmente, mediante resolución da persoa titular da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, aos policías locais cando cumpran 25 anos de servizos efectivos no corpo, calquera que sexa a súa categoría, sempre que non consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal ou pendentes de cancelar, cuestións que deberán ser acreditadas polos concellos que corresponda.

De acordo co previsto no artigo 93.1 antes citado, do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexo a listaxe de persoas ás cales se lles entregará o distintivo de permanencia, por ter cumpridos, en 31 de decembro de 2014, 25 anos de servizo nos corpos de policía local, segundo as certificacións dos respectivos concellos de pertenza, tanto respecto do tempo de servizos como do resto de requisitos.

Segundo. Comunicar esta listaxe do anexo aos respectivos concellos e publicala tamén para os efectos da súa consulta na páxina web da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Terceiro. As persoas que non figurasen na listaxe do anexo e cumpran cos requisitos para esta distinción deberán solicitar a súa inclusión a través dos respectivos concellos, que remitirán as preceptivas certificacións de cumprimento dos requisitos a esta unidade directiva para a resolución correspondente.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO
Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia,
ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia

(Listaxe alfabética, clasificada por provincias e concellos)

Provincia: A Coruña

– Concello: A Coruña

Luis Ernesto Brañas Fernández

Manuel Cancela Vila

Antonio Manuel García Barbeito

Manuel Jove Maceiras

Isidro López Muinelo

José Alberto Martínez González

Jesús Mosteiro Otero

Manuel Sanda Sánchez

José Eugenio Seoane García

– Concello: Arteixo

Enrique Clemente Blanco

José Ramón Fuentes Fernández

– Concello: Cambre

José Antonio Barcala Rey

– Concello: Carballo

José Manuel González Vázquez

– Concello: Culleredo

Jesús M. González Vázquez

– Concello: Ferrol

Arturo Bello Pereiro

Ángel Bouza Cereijo

José Antonio Chao Cabana

Francisco Javier Fernández Muíño

Ramón Martínez Castro

María Eugenia Pérez Heres

Rogelio Ramos Parga

– Concello: Mugardos

Ovidio Ricardo Torrente López

– Concello: Oleiros

Francisco José Castelo Muñiz

Ricardo Parada Taibo

Miguel Ángel Viqueira Pérez

– Concello: Ribeira

José Andrés Alonso Paz

Prudencio Bragado Fernández

– Concello: Valdoviño

José Ramón Bacorelle Robles

Fernando García Rochela

Provincia: Lugo

– Concello: Lugo

Antonio Balea Rodríguez

José Manuel Corredoira Pérez

Ramón Labrada Pérez

José Ángel Núñez Cansino

José Manuel Río Espiño

– Concello: Ribadeo

Andrés Redondo Espejo

– Concello: Vilalba

José María Alonso Fernández

– Concello: Viveiro

Javier Casabella Pérez

Provincia: Ourense

– Concello: Ourense

Francisco Javier Fernández Alonso

Lorenzo Ferreiro Núñez

Nemesio Gómez Mangana

– Concello: Viana do Bolo

Pedro Manuel Sánchez González

– Concello: Xinzo de Limia

Juan José Rodríguez Ojea

Provincia: Pontevedra

– Concello: A Estrada

Rafael Manuel Cardona Constenla

Aurelio Fernández Bascuas

– Concello: A Guarda

Pablo Álvarez Álvarez

– Concello: As Neves

Fernando Fernández Ramón

– Concello: Cangas

José Alberto Agulla Bara

Manuel Argibay Palacios

Enrique Lago Soto

José César Millán Martínez

– Concello: Marín

Fernando Conde Cal

José Antonio de la Fuente Freiría

José Fernández Otero

– Concello: Moaña

Javier Acevedo Santomé

Francisco Javier Blanco Portela

Fernando Boubeta Villaverde

Lois Alberto Casas Curro

Manuel Gómez Silva

Miguel Ángel Nogueira Pérez

José Manuel Pérez Santiago

– Concello: Mos

Marcelino Giráldez Sío

– Concello: O Grove

Andrés Iglesias Bouza

Ana Eva Peña Otero

– Concello: Pontevedra

Jesús Javier Cal Ucha

Jesús M. Omil Díaz

– Concello: Silleda

José Manuel García Blanco

– Concello: Tomiño

Alfonso García Álvarez

Joaquín Méndez Rodríguez

Rafael Pousa Martínez

– Concello: Vigo

Constante Alonso Caride

Diego Álvarez Campos

María José Álvarez Domínguez

José Carlos Aragunde Hermida

José Manuel Chamorro González

Enrique García Silva

Katia María González García

Javier Pitillas Torra

Nilo Prieto González

Adolfo Rodríguez González

Gerardo Sánchez Pérez

Diego Sánchez Souto

Jaime Villar Salgueiro